El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG

O BNG rexeita o envío de tanques á Ucraína

25-01-2023 17:06:12

MADRID | O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anuncia o rexistro das solicitudes de comparecencia do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a ministra de Defensa, Margarita Robles, tras a decisión do executivo de enviar máis armas a Ucraína, neste caso, tanques Leopard. Para o deputado do BNG, Néstor Rego, este tipo de decisións deben debaterse e votarse previamente no Congreso e rexeita alimentar a escalada bélica e o seguidismo que está a facer o Goberno do Estado español na política militarista dirixida polos Estados Unidos, único beneficiario do conflito.  

Rego exixe centrar todos os esforzos do Goberno do Estado en conseguir “unha paz xusta e duradeira” a través do diálogo e a negociación. “Reclamamos a Pedro Sánchez un xiro na política levada a cabo polo Goberno porque, de continuar incrementando a escalada bélica, estarase a aumentar o risco de que o conflito escale na confrontación directa da OTAN con Rusia ou, mesmo, ao uso de armamento nuclear” sinala.  

“O Goberno do Estado equivócase nesa estratexia seguidista dos intereses dos Estados Unidos, o único que está a gañar con este conflito, mentres perden os pobos de Ucraína e Europa” destaca Rego. O deputado sinala que, con esta medida, o Estado español está a implicarse de forma máis activa e directa no conflito: “Que será o seguinte, enviar soldados?”, pregunta Rego.  

Así mesmo, o BNG critica as formas do executivo que, unha vez máis, volve tomar unha decisión desta relevancia política, coas implicacións que provoca, de maneira unilateral. “Este tipo de decisións teñen que ser debatidas e votadas no Congreso dos deputados” explica o deputado da organización nacionalista, mentres confirma “o non rotundo do BNG”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias