El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

CASO FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Miranda e Casares censuran a instrumentalización e uso partidista da Fundación Galicia Europa por parte do PP

02-02-2023 16:57:17

BRUXELAS | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e o eurodeputado do PSdeG-PSOE, Nicolás González Casares, critican a instrumentalización que a Xunta e o PPdeG fan da Fundación Galicia Europa, unha entidade que debera ser a voz de Galiza ante as institucións comunitarias, pero que os populares utilizan para facer turismo en Bruxelas.  

Así reaccionaron o eurodeputado e a eurodeputada galegos tras a visita realizada esta semana por cargos do PPdeG á FGE, visita na que, unha vez máis, os populares fixeron un “uso partidista” desta institución, ao mesturar a presenza de cargos do partido e cargos institucionais como a do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. “As institucións galegas merecen respecto, non usos espurios”, criticaron. 

Tanto Miranda como Casares sinalaron que o Goberno do PP debera utilizar a Fundación como unha vía para defender os intereses de Galiza ante as institucións comunitarias. Sen embargo, lamentan, “falta a primeira vez que a Fundación fixera chegar aos eurodeputados galegos un posicionamento ante unha directiva ou regulamento europeo a pesar de que o Parlamento Europeo é colexislador en pé de igualdade co Consello e decide sobre materias con impacto directo nos sectores produtivos do país”.  

“En vez de fomentar e coidar unha rede de influencia galega ante as institucións comunitarias para beneficio do país, o PP limítase a organizar viaxes turísticas dos seus cargos e a poñer a disposición do partido institucións públicas pagadas por todos”, concluíron. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias