El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PESCA

O BNG exixe axudas para a frota pesqueira galega que sofre os recortes de cota

09-02-2023 14:55:21

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra novas iniciativas para que o Goberno do Estado adopte todas as medidas de axuda precisas para a frota afectada polas cotas do xurelo e o paro biolóxico da pesca da anguía no ano vixente. A frente nacionalista demanda ao Goberno do Estado un “papel activo” para paliar a crise no sector da frota pesqueira, reclamando á UE medidas económicas e o aumento das cotas no xurelo a través do intercambio con outros países que non a consuman habitualmente.  

A decisión do Consello de ministros de Pesca da Unión Europea sobre os Totais Admisíbeis de Capturas (TAC) para 2023 suporá, segundo explica a frente nacionalista e o propio sector, un duro golpe para segmentos “moi importantes da frota pesqueira galega”. No caso do xurelo -supondo un grave problema para a frota do cerco e, en menor medida para a do arrastre- a cota será de 3.271 toneladas e unicamente para a pesca accidental. No caso da anguía, pasa de 3 meses a seis meses o período de veda.  

“Semella que o Ministro do Goberno español está contento porque a súa gran preocupación era a pesca no Mediterráneo mais a pesca galega quedou de novo nun segundo plano e debe saber que acadou un acordo insatisfactorio para a Galiza e a frota pesqueira galega” denuncia o deputado do BNG no Congreso. Para Néstor Rego, resultan “incomprensíbeis” as declaracións do Ministro de Pesca “sen ter en conta a alta dependencia da pesca na Galiza e o grao de afectación das medidas acordadas pola UE que están levando ao sector pesqueiro galego a unha situación límite”.  

A frente nacionalista entende que estas decisións -as TAC acordadas, o veto en 87 caladoiros ou as sucesivas normativas que rexistren a actividade pesqueira- deben de ser atendidas polas administracións competentes. Neste caso, o Goberno do Estado debe adoptar todas as medidas de axuda á frota afectada polas costa de pesca para 2023 para paliar as graves consecuencias para o sector, a destacar a frota pesqueira galega.  

“O Ministerio de Pesca do Estado español ten que reclamar á Unión Europea medidas económicas para a frota do cerco e á frota afectado pola ampliación do paro biolóxico da anguía” demanda Rego. Así mesmo, segundo detalla o deputado do BNG, o propio executivo estatal debe elaborar e poñer en marcha un plan de axudas económicas para as frotas galegas prexudicadas polas decisión do Consello de ministros de Pesca da UE. 

“Amplas zonas costeiras do País, e a Galiza no seu conxunto, terán graves consecuencias socioeconómicas polas decisións que se toman a centos de quilómetros sen analizar os casos que levan cumprido a normativa europea desde hai máis de 10 anos” incide Rego. No concreto, subliña o deputado, a veda da anguía na desembocadura dos ríos en distintas rías galegas, principalmente na de Vigo, esténdese de tres meses a seis a pesar de que existen plans de xestión que leva anos en equilibrio. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias