El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Sonando Local: unha innovadora plataforma audiovisual coa presencia dos medios galegos

10-02-2023 11:19:24

REDACCIÓN | Emuga-Radiofusión é unha das catro redes de medios de proximidade do Estado incluída no marco do proxecto ONDA ODS que inaugurará o 13 de febreiro a primeira plataforma OTT de contidos audiovisuais producidos dende o local en Europa.  

Para celebrar este Día Internacional da Radio e logo dun ano de traballo conxunto na implantación da campaña Onda ODS, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas, a Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión, a Rede Estatal de Medios Comunitarios e RTV Cardedeu (La Xarxa), lanzarán esta innovadora ferramenta adaptada ao consumo actual dos contidos audiovisuais. 

O galego será un dos catro idiomas nos que Sonando Local ofrecerá os seus contidos producidos dende os medios de proximidade e destinados a sensibilizar á poboación sobre os retos globais aos que nos temos que enfrontar a longo das vindeiras décadas. Medioambiente, igualdade de xénero, revitalización de medio rural, traballo digno ou a loita contras as desigualdades serán algunhas das temáticas que se amosarán nesta plataforma. Os usuarios poderán visualizar ou escoitar de balde materiais moi familiares a través dos que se favorecerá a consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.  

ONDA ODS é un proxecto coordinado por EMA-RTV no que participan máis de 150 radios e televisións locais financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias