El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG reclama información exhaustiva sobre o procedemento de infracción aberto por Europa contra o Estado pola adxudicación de concesións na costa

17-02-2023 16:50:55
Ana Miranda (c), e Néstor Rego.

REDACCIÓN | A eurodeputada do Bloque Ana Miranda e o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentan sendas iniciativas na Eurocámara e no Congreso para ter acceso á información relacionada coa decisión do 15 de febreiro de incoar un procedemento de infracción contra o Estado español por non ter garantido un procedemento de selección transparente e imparcial para la adxudicación de concesións relativas ás zonas costeiras.  

“Posto que a Comisión Europea alude a que a posibilidade de prorrogar as concesións existentes por un período de até setenta e cinco anos sen xustificación é contraria ás normas da UE, queremos saber se este expediente está relacionado de algunha forma coa prórroga da concesión de Ence, avalada recentemente polo Tribunal Supremo”, explica ana Miranda.  

Así, na súa comunicación dirixida á Comisión Europea, a eurodeputada nacionalista solicita  acceso á carta de emprazamento ao Estado Membro e a confirmación de que o expediente aberto no procedemento de infracción se refire á autorización concedida a esta empresa situada na Ría de Pontevedra.  

“Xa no 2016 a través da nosa coalición europea, desde o Bloque preguntámoslle á Comisión Europea sobre a prórroga da concesión outorgada a Ence. Agora iremos ao fondo deste asunto”, subliña Ana Miranda sobre a pregunta parlamentar dirixida á Comisión na que tamén se facía referencia a condena á empresa por delito ecolóxico e o incumprimento da Directiva 91/271/CEE do Consello, de 21 de maio de 1991, sobre o tratamento das augas residuais urbanas, denunciado xa no Parlamento Europeo desde 1999.


Prórroga até 2073

Por outro lado, o deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrou iniciativas no Congreso dos Deputados para exixir ao Goberno do Estado a revisión das prórrogas de concesións na Costa que desenvolven actividades contaminantes, como é o caso de ENCE, que grazas a unha prórroga concedida por Rajoy ten a autorización para seguir na Ría de Pontevedra até 2073. "O informe iniciando procedemento de infracción por parte da Comisión Europea pon en cuestiona a regularidade desta prórroga polo que debe ser revisada" declara o deputado nacionalista. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias