El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

A agricultura 4.0, unha revolución que gaña protagonismo na exposición e actividades da feira Abanca Cimag-GandAgro

23-02-2023 11:41:48

REDACCIÓN | A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, será do 2 ao 4 de marzo unha cita referente en innovación agropecuaria. E con esta premisa, terá un gran protagonismo a agricultura 4.0, centrada na dixitalización dos procesos agrícola, coa tecnoloxía dixital como aliada para que estes sexan máis produtivos, autónomos, eficaces e sostibles. Así, ademais de estar moi presente na oferta expositiva do certame, tamén centrará xornadas técnicas e demostracións.  

En canto ás primeiras, a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), levará a cabo a conferencia “Agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia”, no que se expoñerá o desenvolvemento que o grupo operativo Galicia Millopreciso busca desta técnica, a cal permite unha xestión máis eficiente dos recursos agrícolas, mellorando a calidade dos cultivos mediante a análise de datos recolleitos durante todo o seu ciclo produtivo. Este proxecto, que permitirá optimizar a elaboración de prescricións para realizar aplicacións a doses variables de sementes e fertilizantes no cultivo do millo forraxeiro, será exposto por Ánxela Montero, responsable da Unidade de Xestión de Proxectos Europeos e xestora senior en Innovación e Proxectos Nacionais de FEUGA, e por Javier Bueno, investigador do Grupo BioMODEM da Universidade de Santiago de Compostela (USC).  

Ademais, a xornada sobre agricultura 4.0 de Claas Ibérica debullará a telemetría e “telematics”, o Isobus, os sistemas de información de xestión agrícola “365 Farm Net” e os sistemas GPS. Os encargados de dar a coñecer todos estes aspectos serán Fernando Igualador, responsable de produto de Maquinaria de Recolección e EASY de Claas Ibérica, e Vicente Minaya, inspector de servizo da marca. Así mesmo, un representante de Agrícola Noroeste-John Deere conducirá a xornada “Documentación e Agricultura de Precisión”.


Demostracións

Os asistentes a Abanca Cimag-GandAgro 2023 tamén poderán comprobar en vivo en que consiste a agricultura intelixente. Así, Agrícola Noroeste-John Deere levará a cabo demostracións de sincronización de máquinas. Pola súa banda, a empresa Claas Ibérica realizará unha exhibición de autoguiado con terminal Isobus. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias