El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "Proporemos no Parlamento a creación dun Fondo de rescate hipotecario para as familias sufragado pola banca"

17-03-2023 14:56:20
Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, compareceu esta mañá en relación á nova subida de tipos de interese aprobada polo Banco Central Europeo, que afecta directamente a miles de familias. Este aumento dos tipos de interese terá un enorme impacto sobre miles de galegos e de galegas (175.000 familias que teñen unha hipoteca en Galiza,) pero tamén afectará á pequena e mediana empresa, que verán como se encarecen os seus créditos. 

“Estamos a falar de subidas das hipotecas que son un duro golpe para as economías familiares, un abuso, un escándalo e un auténtico atraco” declarou Pontón, que quixo poñer dous exemplos. “Unha familia cunha hipoteca de 100.000 euros, pagará no mes de abril 233 euros máis ao mes que o ano pasado, o que supón 2.700 euros máis ao ano” explicou, engadindo que “do mesmo xeito, unha familia cunha hipoteca de 150.000 euros, pagará en abril 344 euros máis que o ano pasado, facendo un total de máis de 4.100 euros ao ano”. 

Todo isto sucede nun contexto no que, mentres Galiza ten salarios e pensións máis baixas que a media, os cinco grandes bancos do Estado pecharon o 2022 cuns beneficios récord de 20.000 millóns de euros. “Isto é obsceno cando aínda non devolveron os 90.000 millóns de euros do rescate. Unha vez máis vemos como gaña a banca e perde a xente do común” denunciou a portavoz do BNG. 

A líder do Bloque pediu que “BCE revise esta subida das políticas de interese porque non están dando bos resultados”, indicando que é necesaria unha intervención do mercado sen “cargar sobre a xente” e cualificando esta medida de subida de tipos de interese como “inxusta, antisocial e ineficaz para conter a inflación”. 

Fronte a isto, Pontón indicou que “se o BCE non toma esta medida, os gobernos poden decidir”, reclamándolle ao Goberno central unha intervención pública para evitar as subidas de intereses das hipotecas. “Está claro que ao Goberno do PP nin lle importa esta crise nin os problemas dos galegos e as galegas”, alertou. 

Neste contexto, o BNG defende que hai que poñer ás persoas diante da banca. “Por iso”, anunciou Pontón, “propoñemos un Fondo de rescate hipotecario sufragado pola banca para axudar ás familias afectadas pola subida de xuros”. Este Fondo hipotecario terá que ser impulsado desde o Goberno galego e sufragado nun 75% pola banca, para destinalo ás persoas con rendas medidas e baixas. “Na práctica isto suporía fixar un tope nos intereses”, explicou a portavoz nacional. 

“Hai que poñer ás persoas en primeiro lugar e, por unha vez, a banca debe devolver unha parte do que a sociedade galega aportou na crise bancaria, unha crise sobre a que non tiña ningunha responsabilidade”, indicou Pontón, para concluír engadindo que “non podemos permitir que esta crise volva saldarse cun empobrecemento da maioría social”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias