El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Alfonso Rueda reunirase coa presidenta da Comisión Europea o próximo luns 27 en Bruxelas

Será o primeiro presidente dunha Comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional con Ursula von der Leyen.

19-03-2023 12:21:47
Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A  presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, recibirá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar asuntos prioritarios para o presente e o futuro de Galicia. O encontro terá lugar o vindeiro 27 de marzo na sede da Comisión Europea, en Bruxelas. 

Alfonso Rueda será o primeiro presidente dunha Comunidade autónoma española que manteña un encontro institucional coa máxima representante dunha das principais institucións da UE. 

A Comisión Europea é o órgano executivo, politicamente independente, da UE. É a única instancia responsable de elaborar propostas de nova lexislación europea e de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da UE. 

Entre os asuntos que Rueda lle trasladará a Von der Leyen figuran nun lugar preferente o futuro da pesca galega e a xestión dos fondos europeos, entre outras cuestións nas que a Comisión Europea disporá de primeira man do posicionamento da Xunta.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias