El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "O nomeamento de Miñones como ministro de sanidade aumenta o peso galego no executivo"

27-03-2023 15:45:39
Jose Manuel Miñones.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, saudou o nomeamento do “compañeiro e amigo Pepe Miñones”, como Ministro de Sanidade. O responsable socialista agradeceulle ao presidente do goberno que “volva contar con Galicia nos nomeamentos ministeriais” na persoa de Miñones, que forma parte da Executiva do PSdeG.  

Dixo que “Galicia tiña que ter máis peso” no Executivo, co que o nomeamento do ata agora Delegado do Goberno en Galicia responde desta necesidade, o que “loxicamente vai redundar nunha mellor defensa dos intereses do noso país”. Salientou a importancia ademais de que o nomeamento sexa precisamente “nunha carteira que tanto significa para o socialismo galego como é a sanidade”. 

Sinalou que se trata “dun tema dos que máis preocupan á sociedade española e tamén á galega”, coa que “temos feito e estamos a facer unha oposición construtiva pero contundente contra as políticas do PP”. Saudou que sexa precisamente un galego “o que capitanee” un modelo de sanidade “distinto” ao do PP. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias