El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso celebra a "rehabilitación política" de Besteiro pola súa designación como delegado do Goberno de Galicia

28-03-2023 16:17:44
Valentín González Formoso (i), e José Miñones.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, celebrou hoxe a designación de José Ramón Gómez Besteiro como delegado do Goberno en Galicia. O responsable socialista afirmou que “hoxe é un día moi especial no político e no persoal coa rehabilitación política dun compañeiro” como o ex secretario xeral do PSdeG. 

A súa designación, dixo, anticipa unha “etapa moi dinámica na defensa dos intereses de Galicia e de conexión cos intereses do goberno de España e da delegación do Goberno”. Así o dixo en Madrid, logo de asistir á toma de posesión de José Miñones como ministro de Sanidade, un nomeamento que completa un “día de celebración para o PSdeG”. 

Puxo de relevo a importancia de que un galego como Miñones asuma a carteira de Sanidade, que “é o tema que mais nos preocupa na sociedade galega”, e que ademais representa un “sinal de apoio rotundo do presidente do goberno ao PSdeG”, ao sinalar a un “compañeiro da Executiva” dos socialistas galegos. Departamneto de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias