El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Paula Prado: "As crises internas do PSOE está facendo moito dano ás cidades que gobernan"

31-03-2023 15:03:36
Paula Prado.

REDACCIÓN | A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que “as crises internas do PSOE están facendo moito dano ás cidades que goberna” e pediu hoxe ao novo ministro de Sanidade e ao novo delegado do Goberno en Galicia que “deixen de confrontar co Partido Popular e empecen a confrontar con Sánchez”.  

Durante a rolda de prensa que ofreceu hoxe na sede autonómica do partido, a número dous dos populares galegos referiuse ao nomeamento de José Miñones como ministro “despois de ser máis fiel a Sánchez que aos galegos e galegas”, ao novo delegado do Goberno “que todo apunta a que exercerá máis como soldado de Sánchez que como delegado” e a Valentín González Formoso, que “na pelexa pola mellor cadeira segue quentando a cadeira principal”.  

“Non queremos unha Delegación do Goberno que sirva para promocionar politicamente a unha persoa nin un Ministerio que sirva solo para recolocar a outra persoa”, remarcou a número dous dos populares galegos antes de facer fincapé nas cuestións “transcendentais para Galicia” que Pedro Sánchez “ten no caixón”. 

Neste sentido pediu aos novos cargos socialistas que “confronten” con presidente do Goberno para pedirlle que permita formar máis médicos, así como a transferencia da AP-9, a remodelación do viaduto da A-6, os trens de alta velocidade para todas as cidades galegas, a xestión do litoral galego e que pida perdón ás vítimas da Lei do ‘só si é si’.



"No PSOE Galego non hay quen viva"

Facendo referencia ás liortas internas dos socialistas galegos nas diferentes cidades, Paula Prado asegurou entender que para esta formación “sexa complicado pensar en Galicia cando o PSOE galego se converteu dun tempo a esta parte nun Aquí non hai quen viva”. 

“Temos unha ex-concelleira de Deportes acusada de transfuguismo na Coruña, un concelleiro de Obras fóra do Goberno en Santiago, un concelleiro que tivo que dimitir en Santiago por un caso claro de corrupción, unha concelleira en Ferrol que tamén dimitiu, un concelleiro e un ex-concelleiro en Lugo que se dan de baixa do partido, a cuñada da presidenta do PSdeG enchufada en Vigo e, desde hai uns días, a tenente de alcalde de Ames cesada das súas funcións”, explicou.  

A número dous dos populares galegos pediu aos socialistas que se preocupen máis de “solucionar os problemas que hai nas cidades nas que gobernan e nas que non” e non de “usar as institucións como lanzadeiras políticas”.  

Como exemplo destes problemas, Paula Prado citou que as Forzas e Corpos de Seguridade están “baixo mínimos” nas cidades galegas e que a Unidade de Policía Adscrita “nestes momentos ten 361 efectivos dos 500 posibles”. De aí que considere “fundamental” solucionar os problemas de pelexas nocturnas en Lugo, a okupación na Coruña, os casos de acoitelamento en Santiago e as pelexas en Ourense.  

“Todos estes problemas resolveríanse cunha maior implicación da Delegación do Goberno, da que dependen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Galicia e con máis dotación de efectivos. O que está claro é que Galicia non é unha prioridade para o Ministerio do Interior e por iso o novo delegado do Goberno ten a obrigación de poñerse a traballar nestes asuntos canto antes”, concluíu.


28 de maio

Paula Prado reiterou a actitude de “máxima colaboración” do PPdeG ante estes problemas e cos novos nomeamentos “sempre que non se usen as institucións como instrumentos políticos”, lamentando que “ata o de agora o PSdeG cando tivo que elixir entre Sánchez ou os galegos, sempre elixiu a Sánchez”.  

En contraposición, reivindicou que o próximo 28 de maio os galegos e galegas terán a oportunidade de exercer o voto útil ao PPdeG, ao que definiu como o partido que “xestiona os concellos e a Xunta con solvencia e rigor” e que “non se prega a máis intereses que os de Galicia”. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias