El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "O Goberno de Rueda mostrouse claramente ineficaz, insensible e inútil para a poboación galega"

13-04-2023 14:50:06
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediulle hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “releve das súas funcións” á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e que asuma “en primeira persoa” o papel de interlocución entre os bateeiros e os percebeiros para acadar un acordo do que dependen case 3.000 empregos directos e ata 10.000 inducidos no conxunto da cadea mar-industria.  

Formoso compareceu en rolda de prensa en Santiago para facer balance do primeiro ano de Rueda como sucesor de Núñez Feijóo para dirixir a Xunta de Galicia. Subliñou que o seu goberno mostrouse “claramente ineficaz, insensible e inútil para a poboación galega”, pois antes das dificultades derivadas da guerra de Ucraína e da crise de prezos non se tomou “ningunha medida” por parte da Administración galega, máis aló das rebaixa selectiva en dúas autoestradas autonómicas.  

Fronte a iso, contrapuxo o “catálogo de medidas” promovido dende o goberno do Estado, que van dende liñas de avais a empresas ata a rebaixa das cargas tributarias na factura da luz, pasando polas bonificacións dos combustibles ou a implantación da gratuidade na mobilidade ferroviaria na media distancia. “É un goberno insensible ante a conxuntura e ineficaz”, dixo Formoso sobre o executivo de Rueda. 

Referiuse de forma concreta ao conflito derivado pola extracción de semente de mexillón, que este mesmo xoves provocou unha manifestación dos bateeiros ante a sede da Xunta en San Caetano. O número un do PSdeG advertiu que o sector mexilloeiro e os percebeiros “levaban sesenta anos convivindo sen problemas” e sinalou que foi a regulación levada a cabo pola propia Conselleira do Mar no ano 2019 a que acabou “xerando un problema”.  

É por iso que Formoso lle esixiu a Rueda que “releve das súas funcións á conselleira do Mar” e que “asuma en primeira persoa” a negociación cos percebeiros e bateeiros. Remarcou o líder do PSdeG que hai moito en xogo neste asunto, pois son dos subsectores dos que dependen 3.000 postos de traballo directos e máis de 10.000 inducidos. “Se algunha marca é galega é a do mexillón”, salientou, antes de insistir en que o presidente da Xunta debe poñerse á fronte da situación “hoxe mesmo”, e non seguir facendo “desleixo de funcións”.   


Inacción 

A mesma inacción constatouna Formoso noutros ámbitos que dependen tamén das competencias da Xunta, e nos que o goberno de Rueda prefire acudir á “confrontación do Estado” ou a facer “seguidismo” das políticas que toman os baróns doutras comunidades do PP, como o caso de Díaz Ayuso ou Moreno Bonilla, que foron os que ditaron a Rueda que había que baixar o imposto de patrimonio ás grandes fortunas e que había que presentar un recurso de inconstitucionalidade contra o goberno de España por pedirlle maior esforzo fiscal a quen máis ten. 

Algo parecido ocorre coa sanidade, que está nunha “situación de colapso absoluto” debido á inacción do goberno galego. De feito, Formoso reprochoulle a Rueda que desaproveitara a man tendida do PSdeG para tomar medidas “que permitan un revulsivo” no Servizo Galego de Saúde, que lle devolvan a motivación aos profesionais sanitarios coas melloras laborais, o reforzo das contratacións o aumento dos investimentos. Son receitas, abondou, que os socialistas puxeron sobre a mesa, “e se nos dixo que non, a calada por resposta”, afeou Formoso. 

Lembrou, asemade, que entre as decisión deste ano de Rueda á fronte da Xunta se anote a “oportunidade perdida” que tivo co orzamento máis expansivo da historia autonómica, debido a que o Estado incrementou en 1.500 millóns de euros a súa transferencia á comunidade. Puido aproveitar eses recursos adicionais, apuntou Formoso, para “igualar o investimento na atención primaria” coa media do Estado, pero “Rueda decidiu non acometer iso, e estámolo pagar con listas de agarda, xa coa folga de médicos en moitos hospitais”, dixo, e tamén con “manifestacións permanentes nos centros de saúde” de case toda Galicia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias