El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

VIGO

Sinsal Primavera celebrarase o 19 e 20 de maio no MARCO e na Sala Radar de Vigo

13-04-2023 16:03:14
Ece Canli.

REDACCIÓN | O primeiro evento de Sinsalaudio deste ano en Vigo celebrarase no mes de maio: Sinsal Primavera terá lugar na fin de semana do venres 19 e sábado 20. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, ademais do apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía.  

Sinsal Primavera propón visualizar propostas singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Así, Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, ademais, este ano a programación extenderase a unha das principais recintos de música ao vivo da cidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lúa Caiano na noite do sábado 20. 

As entradas do Sinsal Primavera 2023 están á venda, desde hoxe mesmo, na plataforma web e desde a páxina web. O prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros (agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto). No caso das persoas que posúan unha entrada para os concertos do MARCO, poderán asistir de balde ao concerto da Sala Radar na noite do sábado 20 (as entradas para este directo tamén están dispoñibles en Enterticket por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira).

O Sinsal Primavera é a primeira cita do ano de Sinsalaudio, que suma á xa anunciada nova edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebrará na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo. As entradas para o festival sairán á venda proximamente. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias