El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PRODUCIÓN OLIVEIRA

Constitúese a primeira cooperativa galega para a produción oliveira

13-04-2023 21:09:23
Cooperativa galega para a produción oliveira.

REDACCIÓN | O Consello Reitor de PROLIGAL, a recentemente constituída cooperativa olivareira de Galicia, asinou hoxe culminou hoxe, coa rúbrica notarial, o proceso da súa conformación como entidade de carácter galego para a promoción, estudo, conservación e dinamización da olivicultura no noso país e con presenza activa, xa neste momento constituínte, nas catro provincias galegas. 

Xoán Couto, María José Salgado, José Antonio García, María del Mar Pantín, Rebeca González, CarmenLagee José Pérez son as persoas que artellan o corpo reitor desta coopoerativa que inicia a súa andaina ao abeiro da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).... 


PROLIGAL

PROLIGAL nace coa vocación de servir para dinamizar un cultivo que nos últimos corenta constatou unha presenza crecente en Galicia. Neste sentido, esta breve traxectoria leva implícita a necesidade de solucionar dúbidas relativas a todo o proceso vinculado coa oliva, desde a adecuación dos solos ata o procesado para a elaboración de aceite. Neste sentido, a finalidade de PROLGAL reside en facilitar a todas as súas persoas asociadas un marco común, colaborativo e aberto, de intercambio de coñecementos, procesos e produtos que favorezan a potencial consolidación dun cultivo con implicacións positivas en máis sectores produtivos de Galicia. 

Desde a manufactura de ferramentas e maquinaria, consultoría e asesoramento, traballo agrícola, manufactura da materia prima ou a posterior comercialización, esta nova iniciativa de dinamización do agro galego vén tamén contribuír ao desenvolvemento en moitos outros dos nosos sectores socioeconómicos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias