El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "Baltar manda máis que Rueda"

28-04-2023 12:03:17
Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, compareceu para fixar a súa posición con respecto da actual situación sobre o que está a suceder co presidente do PP en Ourense, Manuel Baltar. “Estamos a falar dun cargo público do PP que cometeu un presunto delito contra a seguridade viaria conducindo a 215 quilómetros por hora, con todo o que iso implica en termos de perigo público, declarou a líder do Bloque. 

Pontón quixo valorar as últimas informacións difundidas pola Cadena SER na xornada de onte, nas que se afirmaba que “esta non é a primeira vez, senón a terceira que o presidente do PP de Ourense é multado por exceso de velocidade, usando o coche oficial como se fose o seu vehículo particular”, indicou. 

“Temos a un cargo público do PP que lle minte á cidadanía, acumulando multas por exceso de velocidade e demostrando un modo habitual de conducta”, denunciou a portavoz nacional. Pontón tamén puxo o foco na “descoñecida axenda política” que motivou a viaxe a Madrid do presidente da Deputación de Ourense en coche oficial e urxiu que “Baltar non siga ocupando nin un minuto máis un cargo público porque desprestixia Ourense, dentro e fóra de Galiza”. 

Ademais disto, denunciou que “se pretenda pagar con cartos públicos a defensa xurídica de alguén que comete un delito contra a seguridade das persoas conducindo a 215km/h” e, tras expoñer a situación, volveu preguntar “que é o que fai Rueda como presidente do Partido Popular?”. 

Atendendo ao acontecido nos últimos días, o actual presidente do goberno do PP na Xunta primeiro optou polo silencio, para despois indicar que o comportamento de Baltar fora “un erro”, xustificando un modo de actuar que supón un presunto delito para a seguridade viaria da cidadanía. 

“A conclusión é que o señor Rueda cala e xustifica porque non pode facer outra cousa, e non pode facelo porque Baltar manda máis que el” subliñou a líder nacionalista, indicando que “o que fará  é agochar a cabeza e tragarse este novo sapo que lle serve en bandexa o presidente do Partido Popular de Ourense”. 

Fronte a isto, o BNG, levará ao Parlamento galego unha reprobación do presidente da Deputación de Ourense por considerar que non pode seguir nin un minuto máis ocupando un cargo público. 

“É importante a exemplaridade dos cargos públicos e este tipo de conductas non se poden minimizar nin xustificar. Baltar non pode seguir nin un minuto máis ao fronte dunha institución”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias