El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "O PSOE é o partido dos traballadores"

01-05-2023 19:44:09
Valentín González Formoso (c).

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe as iniciativas do goberno presidido por Pedro Sánchez para blindar as melloras laborais. Formoso participou na manifestación convocada en Vigo con motivo do Día da Clase Traballadora, que “hoxe é un día de celebración” grazas á xestión do Executivo, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e das traballadoras”. 

O dirixente socialista reivindicou os logros o goberno e emprazou a empresarios e sindicatos a acadar un acordo salarial que consolide os dereitos dos traballadores. Sinalou que o PSOE é “o partido dos traballadores”, que permitiu afrontar a celebración do 1º de Maio deste ano “cunha parte dos deberes feitos”. 

Sinalou a suba do Salario Mínimo Interprofesional un 40 por cento en 4 anos ata acadar os 1.080 euros mensuais, así como a aprobación da reforma laboral malia o posicionamento en contra do PP. Grazas a esta reforma, dixo, “por unha vez impera claramente a estabilidade laboral” atendendo ás demandas “de hai décadas” dos traballadores e traballadoras contra a precariedade. 

A nova Lei de Pensións Públicas, engadiu, permite garantir o sistema de pensións “baseada no principio de solidariedade interxeracional” e fixa unha reserva de 147.000 millóns de euros “para que non volva quedar a hucha sen pensións, como sucedeu con Mariano Rajoy”. 

Ademais, o sistema público de pensións garantirá a partir de agora unha actualización “conforme ao prezo da vida”, en contra do criterio de Feijóo, Rueda e do goberno de Rajoy, que fixaran a suba nun 0,25 por cento anual, “estrangulando a vida dos pensionistas”.  

Aludiu ademais á xestión do Executivo, que co escudo social despregado a través dos ERTE impediu o despedimento masivo de traballadores e traballadoras durante a crise provocada pola pandemia, que recuperou o subsidio para desempregados de máis de 52 anos, derrogou o despedimento por causas médicas e blindou o dereito á folga. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias