El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO ENCE

Ana Miranda pregunta á Comisión Europea polo procedemento de infracción que afecta á ampliación da concesión a Ence

03-05-2023 16:08:05
Ana Miranda.

BRUXELAS | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, remitiu unha pregunta á Comisión Europea para coñecer o estado do procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da Directiva de Servizos nas concesións costeiras e para saber que medidas tomou o Estado Membro para corrixir as causas desta infracción. “É totalmente inaceptable que os sucesivos gobernos estatais incumpran a normativa europea que precisamente serve para protexer a nosa costa da contaminación e do espolio de empresas como Ence”, manifesta.  

A eurodeputada nacionalista subliña que a Lei de Costas sustentou a prórroga da concesión á empresa papeleira Ence até 2073, -concedida polo goberno do PP presidido por Mariano Rajoy en 2016- sen un proceso aberto de selección e infrinxindo a Directiva de Servizos. Neste sentido lembra que nunha sentenza do 20 de abril de 2023, o Tribunal de Xustiza da UE declara que a Directiva de Servizos impón a obriga de que estas concesións sexan adxudicadas con selección imparcial e transparente. “Por se fora pouco, o propio TXUE deixa sen efecto as normas estatais que dispoñan o contrario”, salienta.  

Segundo o Dereito da Unión, para outorgar concesións de ocupación do dominio público marítimo, os Estados Membros deben aplicar un procedemento de selección entre os candidatos potenciais cando o número de autorizacións dispoñibles para una determinada actividade estea limitado debido á escaseza dos recursos naturais. “No caso da prórroga a Ence atopámonos por tanto nunha clara vulneración do dereito comunitario”, subliña Ana Miranda.


Fin do prazo

O 15 de febreiro de 2023, a Comisión abriu un procedemento de infracción contra o Estado español por incumprir a Directiva de Servizos e non garantir un procedemento de selección transparente e imparcial para a adxudicación de concesións relativas ás zonas costeiras. “Xa pasaron os dous meses que ten de prazo o Estado para responder ao requirimento, polo que queremos saber se desde o goberno central se tomou algunha medida ao respecto”, manifesta a eurodeputada do BNG, quen critica non ter acceso ao expediente correspondente. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias