El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "O BNG non ten teito e irmos a por todas"

29-05-2023 16:15:47
Ana Pontón (c).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, compareceu en rolda de prensa tras a reunión da Executiva nacional e xa co anuncio de convocatoria anticipada das eleccións xerais para o 23 de xullo, destacando que o obxectivo de cara a esa nova cita coas urnas é conseguir grupo parlamentario no Congreso para reforzar defensa de Galiza en Madrid. 

“Ese reto é facer que Galiza sexa decisiva na axenda do Estado, que o noso País teña unha voz reforzada que defenda os intereses dos galegos e das galegas; unha voz libre de ataduras, ter un papel clave e decisivo en Madrid para colocar con máis forza a Galiza na axenda do Estado en beneficio deste País e da súa xente”, salientou. 

Para iso, explicou a portavoz nacional, “precisamos sumar máis BNG no Congreso, e nese camiño non nós poñemos límites, imos a por todas para ter, por primeira vez na historia, un grupo parlamentario propio no Congreso e que a voz dos galegos e das galegas soe máis forte a favor deste País. Saimos a por todas unha vez máis, porque cando o que nós xogamos é o futuro de Galiza hai que ser ambiciosos e ambiciosas”.  

Preguntada pola posibilidade de adiantar as eleccións galegas, Pontón non se quixo pronunciar máis aló de asegurar que o PP “convocará esas elección cando considere que beneficie aos seus intereses partidistas e non ao interese de Galiza”, pero que en todo caso o Bloque está preparado para encarar esa cita electoral co reto de facer historia cun goberno liderado polo BNG coa primeira presidenta da Xunta. 

“O BNG está preparado para liderar o próximo goberno de Galiza en canto se convoquen eleccións, para facer historia e que Galiza teña por primeira vez unha presidenta do BNG coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas, confiando nas nosas propias forzas, unha presidenta do BNG coa cabeza e o corazón neste País”, subliñou. 

Un reto que asume coa “máxima responsabilidade, desde a humildade, pero tamén coa máxima ambición porque este País merece unha presidenta que non lle poña límites e que teña como obxectivo construír unha Galiza en grande”, recalcou, argumentando que o BNG está demostrando que non ten teito, que é unha forza política que sube, na que confían cada vez máis persoas para abrir un tempo novo de futuro e de oportunidades. 

De feito, os resultados do 28M colocan ao Bloque como a forza política que máis sube, reforzando a tendencia iniciada nas eleccións galegas, nas que a cidadanía lle deu a formación nacionalista a responsabilidade de liderar a alternativa real ao Partido Popular.O ascenso imparable do BNG consolidouse este 28M cun incremento do voto do 28%, sumando 54.311 papeletas; con 134 concelleiros e concelleiras máis, un incremento do 29,4%; logrando un gran avance en todas as cidades, duplicando e até triplicando representación, sumando máis alcaldías, mantendo Pontevedra e, sobre todo, “fixemos historia con Goretti Sanmartín como a primeira alcaldesa de Santiago de Compostela, a capital de Galiza”, destacou.  

En relación ao resultado de Ourense, Pontón emprazou a Rueda a pronunciarse sobre cal vai ser o futuro político da cidade das Burgas, pedindo que aclare se o PP vai deixar na estacada catro anos a veciñanza de Ourense entregando unha vez máis o bastón de mando a Jácome a cambio de que o Partido Popular conserve o poder na Deputación. Pontón tamén deixou claro que o BNG non vai deixar que os populares gobernen en ningún concello sempre que haxa unha alternativa nacionalista e de esquerdas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias