El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Manuel Baltar renuncia a continuar como presidente da Deputación de Ourense

14-06-2023 14:23:51
Manuel Baltar.

REDACCIÓN | O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, anunciou que non se postulará como candidato a presidir a Deputación no próximo mandato. Renuncia á acta como concelleiro de Esgos e non poderá seguir, en consecuencia, formando parte da institución provincial. 

“Ante a inminente constitución das corporacións locais da provincia de Ourense, e como presidente do partido político que gañou as eleccións a nivel provincial, traballo para conformar gobernos populares solventes ao longo de todo o territorio", dixo o presidente da Deputación. 

"Neste sentido, tamén traballo para facilitar que a Deputación provincial teña un presidente ou presidenta do Partido Popular, a única formación política que concorreu ás eleccións do 28 de maio cun proxecto provincial a desenvolver para seguir impulsando Ourense", comentou. 

"Non hai interese maior que o interese xeral da provincia. Por iso, a configuración das corporacións locais non é unha cuestión de nomes senón de siglas e de proxectos. A política é responsabilidade e é estabilidade. Descarto formar parte da próxima corporación provincial. Non tomarei posesión da miña acta como concelleiro de Esgos. Este paso non diminúe, en absoluto, o meu compromiso por Ourense. Como presidente provincial do PPdeOU seguirei loitando coma sempre polo futuro desta provincia, co inminente reto de contribuír á chegada do ourensán Alberto Núñez Feijóo á presidencia de España”, matizou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias