El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | AUTOMOCIÓN

Ana Miranda: "A prioridade do BNG nos fondos europeos de transición xusta para a automoción será garantir o emprego"

19-06-2023 16:06:45
Ana Miranda (c).

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, comezou en Vigo o seu traballo como relatora dun informe do Parlamento Europeo sobre o impacto dos fondos de transición xusta no sector da automoción por ser esta cidade e esta comarca “o polo do sector no noso país, non só da produción senón tamén dos compoñentes auxiliares”.Ana Miranda destacou a importancia do encontro mantido hoxe co portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, a deputada nacionalista, Carmela González, e representantes da CIG Automoción, posto que o prazo de presentación de emendas ao informe remata o vindeiro 4 de xullo. Neste sentido fixo referencia á presentación do informe coas “Propostas da CIG para o sector da automoción”, explicadas no encontro pola responsable da automoción de CIG en Galiza, María Xosé García, e na que se fai fincapé na necesidade de manter os postos de traballo e frear a precarización.“Queremos que o sector da automoción reciba fondos europeos porque veñen cambios moi difíciles de transición ecolóxica, de transición verde e de transición enerxética para os que o sector aínda non está preparado porque non se deron axudas públicas nin se está alertando do que vai vir”, explicou Ana Miranda, quen ademais expresou a súa preocupación polo mantemento dos postos de traballo na comarca.Ao respecto a eurodeputada nacionalista subliñou que é necesario prepararse e anticiparse á transición, que é inevitable, facendo un chamamento non só ao goberno da Xunta senón tamén ao goberno do Estado “para que o sector da automoción non quede de lado” e non se perda emprego. “Queremos que o sector da automoción de Vigo teña presenza nas emendas do informe e o BNG será quen o defenda en Bruxelas”, salientou Miranda, no obxectivo de contar cunha transición realmente xusta.Traballo conxuntoPola súa banda, a deputada do BNG no Parlamento galego, Carmela González, defendeu a necesaria colaboración da Xunta de Galiza e do Goberno español para garantir a continuidade dunha industria chave para Galiza polo seu peso en termos económicos e de emprego. “Cómpre que o PP e o PSOE traballen conxuntamente e deixen de usar de maneira partidista a automoción”, demandou a deputada nacionalista.No mesmo sentido, o concelleiro e portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou a “irresponsabilidade e a frivolidade” coa que ambas forzas políticas están a responder ás graves dificultades que atravesa a automoción, que representa máis de 15.000 postos de traballo na área metropolitana. “Non podemos tolerar que a total inacción da Xunta, a falla de resposta do Goberno español e a imposición de medidas desde Bruxelas poidan poñer en risco unha actividade industrial absolutamente estratéxica para Vigo e a súa área”, afirmou Igrexas lembrando que na industria viguesa hai case 7.000 empregos menos dos existentes antes da pandemia, segundo se recolle na última EPA.Por parte da CIG, María Xosé García, destacou os problemas que existen no paso do diésel á electrificación dos motores e alertou de que no sector da automoción aconteza o mesmo que pasou no naval. “Vemos que hai falta de investimentos tanto por parte do goberno da Xunta como por parte do goberno estatal”, alertou, polo que agradeceu ao BNG o encontro e a información facilitada sobre o informe europeo que afecta ao sector. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias