El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Pontón: "O BNG este 23X é a garantía da defensa de Galiza e do avance en dereitos e liberdades"

20-06-2023 16:15:39
Ana Pontón (c).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu hoxe á presentación dos e das cabezas de lista do BNG para o Congreso dos Deputados. Candidatura que na Coruña lidera Néstor Rego, Carme da Silva por Pontevedra, Daniel Castro por Lugo e Noa Presas por Ourense.  

“O 23 de xullo está nas mans dos galegos e das galegas facer posible que Galiza conte en Madrid, que defendamos con forza os nosos intereses e que condicionemos a política do Estado ao favor dos galegos e gas galegas”, indicou a líder nacionalista. O BNG considera que sociedade galega ten unha axenda propia e con temas centrais para o desenvolvemento de Galiza. Con respecto disto, Pontón manifestou que “os temas da axenda galega teñen que aparecer con forza no Congreso, teñen que ser defendidos e negociados desde un grupo parlamentario galego forte, coas mans libres para defender os intereses da nosa sociedade”.  

A líder do Bloque recalcou que “o 23 de xullo non imos aceptar o guión imposto desde Madrid para estas eleccións”, engadindo que “á sociedade galega ese guión non lle resolve ningún dos seus problemas porque non atende a ningunha das nosas necesidades”. “O agravio do Estado a Galiza só ten unha vía de solución: acabar co servilismo das forzas que teñen o seu centro de decisión en Madrid e facernos valer por nós mesmas”, declarou. Fronte ás forzas centralistas, o BNG presenta para o 23X “unha candidatura de país” ao servizo de Galiza. “Conformamos as cabezas de lista ás eleccións xerais cun equipo sólido, comprometido e capaz, con saber facer, con enerxía e cunha única lealdade: a da defensa dos intereses dos galegos e das galegas”. 


Néstor Rego, Carme da Silva e Noa Presas 

Néstor Rego, o actual deputado do BNG en Madrid, encabeza de novo a candidatura do Bloque pola Coruña. “Néstor demostrou que un só deputado do BNG en Madrid foi capaz de dar voz e de poñer enriba da mesa todas as problemáticas e cuestións de relevancia para Galiza no Congreso”, indicou a portavoz nacional.  

A aposta do BNG por Pontevedra é Carme da Silva, á que Pontón cualificou como “unha persoa que é garantía de traballo, de solidez e de capacidade política”. Carme da Silva, que fai parte da Executiva nacional do BNG e que vén de dirixir a exitosa campaña das eleccións municipais, ten na súa traxectoria a experiencia de ser parte central do Goberno Municipal de Pontevedra, coñece e traballa de primeira man en relación aos grandes retos que cómpre atender no presente como a sustentabilidade, a transición ecolóxica ou as políticas urbanas.  

Pola provincia de Lugo encabeza a lista Daniel Castro, actualmente deputado no Parlamento Galego. “Castro é unha persoa moza e preparada, aválao o seu magnífico traballo no Parlamento nestes anos e ten un coñecemento amplo das necesidades, problemas e retos que enfronta o tecido económico e social da provincia de Lugo” indicou a líder do Bloque. “Será a voz que defenda tamén en Madrid as problemáticas que máis impactan na mocidade e as cuestións lingüísticas e culturais”, engadiu.  

Finalmente, pola provincia de Ourense, a cabeza de lista será Noa Presas, que tamén forma parte do grupo do BNG no Parlamento Galego. Pontón referiuse a ela como “unha persoa absolutamente seria e rigorosa no seu traballo parlamentario, comprometida, feminista, coñecedora de todo o que afecta a Ourense e absolutamente comprometida con defender o futuro que Ourense merece”... 


O 23X: o momento de poñer fin ao servilismo a Madrid

Pontón aproveitou a súa intervención para urxir “o remate co cinismo dos partidos estatais, que votan unha cousa no Parlamento Galego e a contraria no Congreso dos Deputados”. 

“Cambiar o trato que o Estado lle dá a Galiza esixe facernos valer e pasa por ter un grupo galego forte en Madrid, que negocie en favor da sociedade galega”, indicou, apelando a que “os galegos e galegas saben que ninguén defende mellor os intereses dun territorio que unha forza propia dese territorio para facelo avanzar en dereitos e liberdades”.  

Pontón subliñou convoca á cidadanía galega a que o 23X acuda ás urnas “coa cabeza e co corazón en Galiza, sumando todo o voto galego, de país, no BNG” para que, en consecuencia “poidamos frear en seco un posible goberno da dereita coa extrema dereita machista, e antigalega”. Para finalizar destacou que o Bloque está “preparado” para volver facer historia o 23X, cun BNG á alza que non deixa de sumar apoios. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias