El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso anuncia unha campaña "con ilusión e forza"

24-06-2023 14:53:35
Valentín González Formoso (c).

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou hoxe unha campaña electoral centrada na “ilusión e forza” dos socialistas, encamiñada a mobilizar o voto útil para impedir a regresión nas conquistas sociais. Así o dixo na Convención de candidatos e candidatas socialistas ás eleccións do 23X, hoxe en Santiago, na que advertiu que “non queremos volver a España en branco e negro de 50 anos atrás”. 

O responsable socialista sinalou que “necesitamos o amplo apoio da sociedade galega para frear a chegada da dereita e da extrema dereita” e a súa folla de ruta para “reverter os avances sociais”. Reivindicou o apoio ao PSOE, que “se parece á mellor España e á mellor Galicia”, e que abandeira os avances sociais, como demostrou nos momentos difíciles da pandemia e da Guerra de Ucraína. 

Chamou ao orgullo socialista apelando á acción goberno que puxo a España á vangarda da UE ao blindar dereitos como a Dependencia, e o que garante a “seguridade xurídica e económica e unha liberdade sen parangón”. Anunciou unha “campaña pedagóxica” dirixida a “mirarlle á faciana aos galegos e ás galegas” para que reflexionen sobre o goberno que queren “para as súas familias”. 

Alertou fronte á opción que representan a dereita e a extrema dereita, con “persoas que negan o cambio climático e os dereitos das mulleres, ás que queren facer escoitar o latido do feto” ás mulleres que se ven obrigadas a interromper o embarazo. Aludiu así ás polémicas propostas do goberno de Castela e León e á designación como presidenta do Parlamento de Aragón a unha muller negacionista das vacinas e do cambio climático. 

Dixo que nos próximos comicios a alternativa xogarase entre o programa regresivo de PP e Vox, que queren “pensións non garantidas, reformas laborais regresivas, con millóns de traballadores e traballadoras máis desprotexidas”, ou á opción do PSOE, centrados no progreso social e a “defensa dos dereitos de todos e de todas”. 

Advertiu que tanto Feijóo en España como Rueda en Galicia queren “chegar ao poder de calquera maneira posible, mesmo poñendo en risco os avances sociais do país”. Puntualizou que “o PSOE non o vai permitir”, porque “non queremos un consello de ministros no que estea a extrema dereita”, que queren “paralizar os dereitos sociais e laborais, a cultura máis casposa e prohibir a diversidade lingüística e cultural”. 

Dixo que a precampaña comeza aínda cos efectos dunhas eleccións municipais nas que o PSdeG pasou a ser a forza que representa a máis galegos, gobernando a 1,2 millóns de persoas, máis que a suma de PP e BNG. Cando aínda quedan por constituír 13 corporacións municipais, os socialistas lideran 101 gobernos, demostrando o “músculo institucional e de representatividade” desta formación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias