El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Alfonso Rueda: "Feijóo será unha baza fundamental no desenvolvemento do turismo con sentidiño que caracteriza a Galicia"

14-07-2023 14:34:08
Alfonso Rueda, presidente da Xunta (2i).

REDACCIÓN | O presidente do PPdeG puxo en valor a enorme sorte de Galicia ao ser “o final de todos os camiños” e prognosticou un ano turístico “espectacular” aínda mellor que o anterior: “Así queremos seguir, apostando polo turismo con sentidiño”.  

“Estou seguro de que o futuro presidente do Goberno vai ser unha baza fundamental para seguir no noso desenvolvemento turístico. Porque coñece ben a súa terra e sobre todo as súas posibilidades”, engadiu.  

Alfonso Rueda aspira a contar, a partir do 23 de xullo, cun Goberno de España colaborador, que atenda todo o que necesita Galicia e que resolva as cuestións que aínda seguen pendentes despois destes últimos cinco anos.  

Afeou a Pedro Sánchez que estivera moi poucas veces en Galicia e que “non queira vir nin en campaña”, pero lle pediu que, se vén, “responda cales son as razóns polas que os compromisos que Galicia necesitaba non foron atendidos nestes cinco anos e o por que do especial interese en negar aos galegos calquera cousa neste último ano con Feijóo como candidato á presidencia”.. 


Marte González 

Pola súa banda, a número 2 ao Congreso pola Coruña apuntou que o Camiño de Santiago é a “a mellor metáfora” desta campaña electoral: “Imos pasando de xornada a xornada facendo camiño cara a vitoria que levará á presidencia do Goberno a un galego”.  

“Aspiramos a que as demandas lexítimas dos galegos sexan por fin atendidas e que España poida ter un goberno serio como corresponde ao noso país. E iso só é posible obtendo unha maioría suficiente para poder gobernar e aplicar o noso programa”, engadiu. 

Un programa que definiu de “coherente e sensato”, centrado en “recuperar a institucionalidade para deixar de utilizar os organismos públicos de xeito partidista e sectario” e que ofrece un potente paquete de medidas económicas para estes tempos de dificultade. 

Marta González amosou tamén a súa preocupación pola cuestión do voto por correo: “Agardamos que, nestes días que quedan para que as papeletas cheguen ás casas, efectivamente cheguen e non teñamos que lamentar que un número importante de españois non poidan votar por culpa dunha decisión que soamente beneficia a Pedro Sánchez.  

”Nesta liña explicou que “Pedro Sánchez podería ter elixido calquera outra data para convocar as eleccións” e que esta data é “problemática” para un importante número de españois: “Agardamos que o Goberno teña dado todos os pasos para que todos os cidadáns poidan votar con liberdade e con comodidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias