REDACCIÓN | O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, lanzou, desde a súa comunidade de orixe, unha mensaxe de "ánimo" ao seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, de quen lembrou que "gañou" o 23J e para quen pediu "apoio sen fisuras" ante as primeiras voces críticas internas. Pero tamén aproveitou para reivindicar a estabilidade e arrefriar a vía dun adianto das autonómicas. Ler máis