El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

EUROLAT

A Asemblea Euro-Latinoamericana aproba o Informe sobre o dereito humano á auga defendido por Ana Miranda

27-07-2023 14:38:34
Ana Miranda.

REDACCIÓN | O pleno da Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana (EuroLat), que esta semana se celebra en Madrid, vén de aprobar o “Informe sobre os retos para garantir o dereito humano á auga”, do que Ana Miranda é co relatora xunto a deputada arxentina Julia Perié. Cun “gran resultado”, -xa que foi aprobado con 51 votos a favor, un voto en contra e unha abstención-, o documento subliña a necesidade de facer efectivo o dereito á auga como dereito humano ao mesmo tempo que salienta que o saneamento é impresccindible. 

“Este informe pretende dicir alto e claro que o dereito á auga é indispensable para unha vida humana digna”, subliñou Miranda na súa intervención, quen ademais, defendeu que dispoñer de auga “suficiente, salubre e accesible” é indispensable para a vida. “Porque non hai vida sen auga potable e é indispensable para facer valer calquera dereito humano e incluso para o desenvolvemento económico”, manifestou. 

A eurodeputada do BNG lembrou que o recoñecemento do dereito á auga como dereito humano xa foi recoñecido por Nacións Unidas no ano 2010 -a instancias de Bolivia-, así como pola o recente cumio da UE-CELAC, que a semana pasada se celebrou en Bruxelas. “Queremos felicitarnos por iso, porque reafirma o dereito á auga potable e ao saneamento”, destacou.   


Instar aos Estados Membros 

“Neste informe instamos a todos os Estados Membros das dúas comunidades a que promovan o dereito á auga potable e ao saneamento e que lexislen ao respecto”, salientou Ana Miranda. Precisamente o documento fai fincapé en tres obxectivos esenciais para o acceso sen restricións á auga potable segura e ao saneamento, como son a dispoñibilidade, xa que debe existir un subministro continuo de auga potable en cantidades suficientes para uso doméstico e persoal. En segundo lugar, a calidade, xa considera que debe ser segura para o consumo. E, en terceiro lugar, a accesibilidade, é dicir, que tanto a auga potable como o saneamento deben estar a disposición de todas as persoas sen discriminación de ningún tipo.  

A sesión constitutiva da Asemblea EuroLat tivo lugar os días 8 e 9 de novembro de 2006 no Parlamento Europeo en Bruxelas, e o primeiro pleno ordinario tivo lugar en Bruxelas en decembro de 2007. Trátase dunha asemblea parlamentaria multilateral composto por 150 membros, dos que unha metade pertencen ao Parlamento Europeo e a outra proceden dos parlamentos rexionais de América Latina, incluíndo Parlatino (Parlamento Latinoamericano), Parlandino (Parlamento Andino), Parlacen (Parlamento Centroamericano), Parlasur (Parlamento Mercosur) e os Congresos de Chile e México. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias