REDACCIÓN | O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, acusou hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda de “estrangular” aos concellos coa imposición do canon da auga pola que están recibindo custosas liquidacións, e advirte que estanlle subindo directamente os impos-tos aos galegos.
Os socialistas galegos reuniron a algúns dos seus alcaldes afectados pola “imposición” do novo canon que deriva da Lei do Ciclo da Auga. No encontro para trazar unha es-tratexia conxunta, participaron os rexedores de Camariñas, Carballeda de Avia, Cedei-ra, Cambados, Vilagarcía, O Grove, Gondomar, Vilaboa, Cuntis, Ourol ou Negueira de Muñiz, así como representantes dos goberno municipais de Monforte, Celanova, Masi-de, A Pobra do Caramiñal, Neda ou Soutomaior.
Para Lage, estas altas cantidades demandadas aos gobernos municipais son “as pri-meiras consecuencias dunha lei imposta polo rodillo da maioría absoluta do PP e sen diálogo de ningún tipo”. Entende que estamos asistindo ao “estrangulamento dos con-cellos coa imposición dun canon que só ten consecuencias negativas, como a subida de impostos para todos os veciños e veciñas”, apuntou.
Apelación ao diálogo
Antes de verse obrigados a recorrer a medidas xudiciais, o secretario de organización socialista instou a Alfonso Rueda e á conselleira Ethel Vázquez a reunirse de maneira inmediata cos representantes dos municipios afectados, así como da propia Fegamp. Considera que o modo de actuar dos populares é unha “tropelía” propia de “señores feudais”.
Lage Tuñas insistiu en apelar ao diálogo “antes de abrir unha senda de confrontación”. Pero achacou esta forma de actuar do goberno do PP a que son os socialistas quen gobernan “á maioría dos galegos dende os concellos”, polo que ve como “se están em-pregando normativas autonómicas para impoñer obrigas” sen ningún tipo de achega económica. Así mesmo, denuncia unha “arbitrariedade” cando se deixan a máis de 100 concellos galegos sen financiamento para abordar a renovación das depuradoras.
Os concellos están "afogando"
Pola súa banda, o secretario de Política Municipal do PSdeG e presidente da Fegamp, Alberto Varela, sinalou que “se está pedindo un esforzo moi importante aos concellos” que se suma ás competencias impropias que están asumindo e para as que non contan co financiamento suficiente por parte do goberno galego. Ademais, destacou que estasituación vese agravada polos grandes gastos aos que tiveron que facer fronte durante a pandemia.
“Están impoñendo novas obrigas aos concellos, coas que están afogando”, sinalou o tamén alcalde de Vilagarcía. Entre as mesmas destacou, a maiores das liquidacións do novo ciclo da auga, as obrigas con respecto ao Servicio de Asistencia ao Fogar, á gra-tuidade das escolas infantís, mantemento dos colexios, na atención en servizos de dro-godependencia ou na Lei de Benestar Animal, entre outras.
Por elo, Varela incidiu en que dende o PSdeG instan á Xunta “quen ten as competen-cias”, en concreto a Consellería de Infraestruturas e Augas de Galicia cos concellos afectados, ofrecéndose a propia Fegamp como representante. Todo para “abordar unha situación que nós xa dixemos que ía pasar e é insostible”, e advirte que “non podemos escudarnos en leis autonómicas se van poñendo cargas aos concellos que non poden abordar e que non van acompañadas do financiamento co-rrespondente, como marca a propia normativa”. Departamento de comunicación