El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG esixe a Xunta que abra una "investigación inmediata" sobre as supostas filtracións de política social aos centros de maiores

12-08-2023 12:13:12
Marga Martín.

REDACCIÓN | A secretaria de Políticas Sociais da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG, Marga Martín, esixiu este sábado á Xunta de Galicia que abra unha “investigación inmediata” sobre as supostas filtracións das datas nas que se realizarían inspeccións, realizadas dende a Consellería de Política Social ás em-presas que xestionan centros de maiores.Os socialistas reaccionan así ao comunicado que denunciaba os feitos realizado por AGISS (Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais) e que se publicou esta mesma semana.  

A tamén deputada electa no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense advirte de que de confirmarse o obxecto da denuncia sería “un feito gravísimo”, polo cal demanda que se poñan todos os medios necesarios para que “se chegue ata o final e se aclare radi-calmente o que está a pasar”, alegou. 

A gravidade do sucedido para Martín, radica en que “é o goberno galego o que ten a res-ponsabilidade de velar pola seguridade, a saúde e o benestar dos nosos maiores, espe-cialmente dos máis vulnerables, é o que debe garantir o bo funcionamento destes centros residenciais”, apuntou a responsable socialista. 

Advertiu tamén de que “xa non é a primeira vez que se denuncian feitos parecidos” e re-cordou que “cando se produciron as investigacións pertinentes sobre o funcionamento das residencias durante a pandemia do Covid, a Xunta de Galicia se puxo do lado das empresas e non dos residentes e as súas familias”.  

Así mesmo, queren aproveitar para denunciar a fotografía da situación da dependencia en Galicia, en especial destes centros de maiores. Marga Martín destacou que segundo un in-forme da Asociación de Directoras e xerentes de Xeriátricos de 2021 que analiza datos do IMSERSO, a comunidade autónoma galega ten a peor porcentaxe en canto a prazas públi-cas, o 41% respecto do 62% do conxunto do Estado.  

Ademais, a deputada electa advirte de que unha gran parte das consideradas como prazas públicas están xestionadas por empresas privadas mediante diversos mecanismos de priva-tización.  

O PSdeG ven de rexistrar as iniciativas parlamentarias pertinentes no Parlamento de Gali-cia, da man da deputada responsable da área, Marina Ortega. Para buscar, segundo ase-gurou Marga Martín, “aclarar os feitos” e esixir a asunción das “correspondentes responsa-bilidades”, sen descartar “que non se poidan abordar outras vías de actuación máis alá das meramente institucionais” de confirmarse os feitos denunciados. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias