REDACCIÓN | A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou unha proposición non de lei na que lle esixiu ao conselleiro do Medio Rural que actúe ante a situación “insostible” provocada pola falta de xefes das brigadas de prevención de incendios necesarios para que os concellos podan constituílas. Quixo remarcar a escasa formación que reciben os brigadistas e emprazou á Xunta a mudar este modelo “pouco axustado á realidade”.
Dacosta responsabilizou ao goberno galego dunha situación “lamentable” que aboca a afrontar os lumes con brigadistas formados por un curso formativo de dezaseis horas presenciais, formación insuficiente para tan alta responsabilidade.
Por outra banda, os labores de vixilancia e defensa contra incendios é financiado pola Xunta de Galicia na que a Consellería de Medio Rural ofrece anualmente ás entidades locais colaboración económica para financiar a contratación de brigadas para desenvolvemento de labores preventivas, de vixilancia e defensa contra incendios forestais.
A representante socialista levou ao Parlamento as alertas reiteradas en distintas ocasións manifestando que non comparte este modelo de defensa contra o lume, un modelo que non se axusta á realidade existente no territorio galego, nin a virulencia dos incendios actuais.
A parlamentaria ourensá lembrou que xa en 2017 detectouse a falla de dispoñibilidade de xefes de brigadas, que fixo que moitos concellos non puideran constituílas. Proba dilo, é a zona de Monterrei, na que no ano 2022 alertouse da redución das brigadas de incendios, especificando que Verín, Castrelo do Val e Laza non se adhiren ao convenio da Xunta de Galicia por dificultades para asumir a contratación.
O goberno galego, engadiu, deixou que este ano pasara o mesmo en concellos como Lourenzá, onde localidades coma Orol, Foz e Vicedo non puideron realizar a contratación por falta de xefes de brigada e nalgún caso foron constituídas e aos poucos días desmanteladas por canto o xefe de brigada deixou o seu posto e o municipio non conta con outro traballador ou traballadora que o sustitúa.
Os concellos están de forma continuada asumindo competencias impropias, dixo, engadindo dificultades á xa complicada situación que están a vivir nos últimos tempos e agora agravadas cunha carga financeira cada vez maior. Denunciou as deficiencias que estes convenios adoecen e a carga que sofren que os alcaldes e alcaldesas ao ocuparse de encomendas que non deberan ser da súa competencia.
Carmen Dacosta esixe ofertar o convenio as entidades locais só para labores preventivas, cunha duración mínimade 6 meses. Insistiu ademáis na importancia de dar os pasos necesarios para mudar o modelo de ofertar convenios aos concellos de brigadas de incendios cara un servicio único, estable, profesional e equipado dependente do Goberno galego. Departamentop de comunicación