El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG esixe ao Goberno que finalice "sen dilación nin máis demoras" a autovía A-54

A través dunha proposición non de lei rexistrada esta semana no Parlamento de Galicia.

03-09-2023 11:46:14
O PPdeG.

REDACCIÓN | O PPdeG esixe ao Goberno central que finalice “sen novas dilacións e demoras” as obras en todos os treitos pendentes da autovía entre Lugo e Santiago (A-54), así como o compromiso de que esta “infraestrutura básica para conectar o centro e interior de Galicia” poida poñerse en servizo no ano 2024.  

A través dunha proposición non de lei que veñen de rexistrar no Parlamento de Galicia, os populares volven denunciar que as obras nesta vía “non avanzan nin tampouco hai previsión de que o vaian facer”.Algo que se pode constatar tanto no insuficiente compromiso orzamentario por parte do Estado neste proxecto como no baixo ritmo de execución das obras pendentes: “A construción desta vía iniciouse hai máis de dúas décadas e, a día de hoxe, aínda falta por rematar case un terzo da autovía -28 dos 100 km-”. 

Unha situación que contrapoñen á “axilidade” do Goberno galego á hora de realizar os trámites que lle corresponde. Tal e como ocorreu recentemente coa autorización concedida “en tempo récord e unha vez completado o informe técnico” por parte de Augas de Galicia para desviar o regato Ladrón no treito Arzúa-Melide e así facilitar a execución dun dos viadutos previstos. 

“Resulta máis necesario que nunca insistir na demanda ao futuro Goberno de España para que dea un impulso decidido a esta infraestrutura, promovendo os avances administrativos necesarios e a dotación das partidas orzamentarias precisas para que Galicia poida contar co desenvolvemento en tempo e forma desta infraestrutura estratéxica e entre en servizo na vindeira anualidade”, recolle a iniciativa que encabeza o portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro. 

O deputado por Lugo considera que a autovía A-54 “simboliza o desprezo co que o Goberno de Pedro Sánchez trata ás infraestruturas galegas e particularmente ás lucenses”, ao tempo que subliña que Lugo segue a ser a única das cidades galegas sen conexión directa por autovía con Santiago de Compostela. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias