El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón propón axudar as familias na volta ao colexio cunha tarxeta escolar de ata 500 euros ante o curso máis caro da historia

04-09-2023 17:01:35
Pontón con representantes das ANPAS.

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, instou hoxe ao Goberno de PP a abandonar a “propaganda” e a tomar xa medidas extraordinarias que axuden ás familias galegas a afrontar o “inicio de curso máis caro da historia”. Propuxo, neste sentido, a activación urxente dunha tarxeta escolar con axudas de entre 250 euros e 500 euros para as familias con rendas inferiores a 12.000 euros per cápita, é dicir, por cada membro da unidade familiar.  

“Estamos diante do inicio de curso escolar máis caro da historia, que fai que a maioría das familias teñan que suar tinta para poder atender os gastos de compra de libros, de roupa, de material escolar, de material tecnolóxico ou actividades, mentres a Xunta vive instalada na propaganda e sen tomar ningunha medida extraordinaria”, criticou a portavoz nacional logo da reunión que mantivo no Parlamento con representantes das asociacións de nais e pais (ANPAS) e das familias para escoitar de primeira man as súas demandas e preocupacións e relación co novo curso escolar. 

Pontón lembrou que só en libros e material educativo as familias teñen que gastar este ano unha media de 450 euros por cada fillo ou filla escolarizada, un gasto que, en función do nivel educativo, pode chegar aos mil euros para un fogar con dous nenos ou nenas. “Diante desta situación necesitamos un goberno que se poña do lado da xente en vez de darlle ás costas á xente”, alegou. 

É por iso que o BNG contempla a recuperación da gratuidade dos libros de texto como unha das medias que poñerá en marcha nos primeiros cen días de goberno, comprometeu a líder formación, quen lamentou a negativa á posta en marcha desta medida xa para este curso académico por parte dun PP “insensíbel ante a tormenta perfecta” que golpea a gran parte dos fogares, apuntou aludindo á suba indiscriminada de prezos “cunha inflación que é máis alta en Galiza con salarios máis baixos”. Pontón defendeu así mesmo un incremento dos recursos para a conciliación, con máis axudas para sufragar os comedores escolares, o Plan Madruga e as actividades complementarias e extraescolares. 

O compromiso do BNG pasa igualmente por reverter “todo o proceso de recortes e privatizacións levado a cabo polo PP nos últimos nos anos”, que tivo como consecuencia un “deterioro” do sistema público de educación “unido á estratexia do PP de aumentar os cartos para o ensino privado”. A portavoz nacional subliñou ao respecto que en 2021, último exercicio liquidado, o Goberno do PP investiu 700 millóns de euros menos que en 2009, e que o financiamento dos centros concertados medrou un 29 % desde 2012. 

“En educación básica, Galiza pasou de estar no posto 96 a retroceder até o 149 das 238 rexións da Unión Europa”, advertiu, destacando tamén que desde o ano 2009 Galiza conta con 187 centros menos de Educación Infantil e Primaria ou 257 menos en Secundaria. Fronte aos recortes e ao proceso de privatización do ensino levado a cabo polo Goberno do PP, Pontón defendeu ante os representantes das ANPAS a contratación de mil profesores máis, a recuperación do horario lectivo e a redución das ratios no sistema educativo obrigatorio para mellorar a calidade no sistema público. 

“A educación é a mellor inversión que podemos facer como sociedade”, concluíu Pontón tras salientar que segundo a informe da AIREF para o 2021 o gasto en educación por habitante na Galiza sitúase en 995 euros ao ano, sesenta euros por debaixo da media do Estado español. Só Asturias, Madrid e Castela León invisten menos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias