El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Paula Prado: "Non imos consentir que Pedro Sánchez prive a Galicia de nada para darllo a outros territorios a cambio de manterse no poder"

08-09-2023 10:28:23
Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, remarcou que, neste novo curso político, as prioridades da formación seguirán sendo “resolver os problemas dos galegos, axudarlles a facer fronte ao incremento do custo da vida, ofrecer estabilidade e gobernar con sentidiño, lonxe do ruído que vemos na política estatal”. 

De cara ao curso escolar que se dará comezo nuns días, destacou o incremento das axudas da Xunta para material escolar e libros de texto: “A pesar de que a nova Lei de Educación estatal provocou que as familias teñan que cambiar o 100% dos libros de texto, o Goberno galego ten adquirido 350.000 para que quen precise eses libros, poida telos de balde”.  

Sobre a investidura de Núñez Feijóo, a número dous dos populares amosouse “sorprendida” ante as críticas do PSOE, recordando que “foi o PP quen gañou as eleccións e foi o Rei quen propuxo a Feijóo para que fose candidato e dialogase con todas as forzas políticas para chegar a acordos”. 

“Para nós resulta difícil chegar a acordos cuns partidos que o único que poñen enriba da mesa é unha amnistía que non podemos apoiar en ningún caso. En cambio, o PSOE está achegando posturas con eles cada día máis a cambio de ceder ante todas as demandas dun independentismo insaciable”, engadiu. 

Neste sentido concluíu que a investidura non pode consistir “nunha poxa territorial, nunha ruptura da unidade de España e nun afondamento na desigualdade dos cidadáns”. Paula Prado asegurou que o PSOE e os seus socios están “deconstruíndo o espírito de convivencia da Transición” e “plantexando unha ruptura da Constitución que critican ata voces tan destacadas dentro do socialismo como Ramón Jáuregui, Felipe González ou Nicolás Redondo”. 

“Ceder ante o independentismo é afondar na desigualdade territorial e nós como galegos non imos consentir que a Galicia se lle prive de nada para darllo a outros territorios só para que Pedro Sánchez poida conservar o seu sillón na Moncloa”, remarcou. 

A secretaria xeral do PPdeG afeou ao BNG que volva dar o seu apoio a Pedro Sánchez “a cambio de nada” e puxo como exemplo o incumprimento de demandas galegas na pasada lexislatura como son a transferencia da AP-9, o impulso do Corredor Atlántico, o 50% de financiamento que lle corresponde ao Goberno central dos servizos de dependencia ou a transferencia de competencias como a xestión do dominio público marítimo-terrestre. 

Afondando na cuestión da transferencia da AP-9 a Galicia, Prado explicou que o impulso agora dunha nova proposición de lei para facela efectiva vén de que “durante anos o PSOE e os seus socios bloquearon a iniciativa no Congreso”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias