El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón acusa a Feijóo e a Rueda de ir en contra do sentir maioritario da cidadanía votando en contra do galego

20-09-2023 14:38:40
Ana Pontón.

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, destacou o “momento histórico” que se viviu onte no Congreso, onde por primeira vez e de maneira oficial foi posible falar galego, “un feito que encheu de orgullo ao inmensa maioría dos galegos e galegas, falen a lingua que falen no seu cada día”, recalcou. Un sentimento de orgullo maioritariamente compartido que tivo dúas grandes excepcións: Feijóo e Rueda. 

“Ver ao señor Feijóo, durante 13 anos presidente da Xunta, e ver ao señor Rueda, actual presidente deste País, votar en contra do noso idioma, -primeiro no Parlamento galego e despois do Parlamento do Estado-, é unha deshonra que os perseguirá sempre. Unha vez máis o PP con Feijóo e Rueda á cabeza,  no lado equivocado da historia, unha vez máis demostrando que non están á altura nin deste País nin da súa xente”, salientou Pontón. 

A líder do BNG lamentou que en lugar de defender e de sentir orgullo do galego, “optaron por renegar da lingua que nos une a todos e a todas, a lingua das nosas avoas, das nosas nais e a queremos deixar para os nosos fillos e fillas”, alegou. Neste sentido, a portavoz nacional destacou a “folla de servizos” de ambos dirixentes populares en contra do idioma. 

“Fixeron o de sempre: traballar en contra do galego”, recalcou, recordando que o xefe do Executivo encabezou unha manifestación en contra da lingua e citando tamén o denominado decreto da vergoña aprobado polo agora presidente do PP, que prohibe ensinar matemáticas, física ou tecnoloxía en galego e secundarizando o propio idioma no ensino. Resultado: o galego é a única lingua do Estado que perde falantes. 

“Por que lle molesta tanto ao PP que se poda falar galego? Por que sempre está en contra de todos os avances para  a nosa lingua?”, interpelaba Pontón, cunha mensaxe para o presidente da Xunta.  “Quero dicirlle que nin todas as súas mentiras, nin as súas críticas ao BNG van tapar a vergoña de ver a un presidente da Xunta  votando no Parlamento en contra do noso idioma, non hai mentiras nin críticas ao BNG detrás das que poder agochar semellante desprezo e traizón ao noso idioma”, recalcou. 

Pontón reivindicou o papel do Bloque no logro histórico acadado no Congreso, onde a formación nacionalista leva décadas defendendo e traballando para facer posible o uso das linguais oficiais, e fixo referencia á iniciativa rexistrada hai catro meses na Cámara alta, debatida e rexeitada tamén cos votos do PSOE, “unha proba da miopía das forzas estatais, demostrando que tamén ao Partido Socialista lle costa asumir que estamos nun Estado plurilingüe, pluricultural e plurinacional e que só admite avances cando non hai maioría absolutas”. 

Pontón avanzou que, tras o fito histórico de onte, o Bloque seguirá dando a batalla para que o galego avance en todos os ámbitos, tamén nas institucións europeas, “sen permitir que sexa considerado unha lingua de segunda”, subliñou, e de cara a lograr ese obxectivo axudaría que o PP deixara de traballar á contra e deixara de poñer paus nas rodas á lingua galega. Nesa dirección, avanzou, o BNG vai levar de novo ao Parlamento unha iniciativa para apoiar o uso do galego en todas as institucións, tanto no ámbito europeo. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias