El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro anticipa un adianto electoral en Galicia tralo fracaso de Feijóo: "Estamos ante un fin de ciclo"

27-09-2023 15:40:50
Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | “Tralo fracaso de Núñez Feijóo, o pánico vaise apoderar do Partido Popular en Galicia, eu estou plenamente convencido. E iso lévanos previsiblemente a un adianto electoral, o cal será entendido pola cidadanía galega co-mo unha mostra de debilidade”. Así o sinalou Gómez Besteiro trala votación deste me-diodía no Congreso dos Deputados onde o líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo, non foi quen de acadar unha maioría de apoios para a súa investidura.  

O deputado socialista por Lugo, que abriu a Lexislatura defendendo o uso das linguas oficiais como o galego na Cámara, sinalou que “as figuras de Feijóo e Rueda están in-disolublemente unidas e polo tanto, nese sentido, o fracaso de Feijóo é tamén o fraca-so dun proxecto político que en Galicia dura máis de catorce anos”. 

Besteiro foi concluínte coas implicacións en Galicia da derrota de Feijóo e o papel que pode ofrecer o seu partido, o PSdeG-PSOE, para liderar o cambio: “Estamos ante un fin de ciclo, pero ademais creo que Galicia merece moito máis”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias