El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

EUROCÁMARA | VIVENDA PÚBLICA

Ana Miranda defende na Eurocámara unha política de vivenda pública accesible e a regulación dos pisos turísticos

04-10-2023 16:53:58
Ana Miranda,eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | No pleno do Parlamento Europeo que se está celebrando en Estrasburgo, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou o grave problema de acceso á vivenda nas súas dúas vertentes, por un lado o encarecemento dos prezos e por outro o aumento descontrolado dos pisos turísticos. “Non pode haber pisos baleiros mentres haxa persoas con necesidade dunha vivenda”, sinalou. 

No debate “Vivenda digna para todos”, a eurodeputada do Bloque sinalou que desde 2016, o prezo da vivenda en aluguer aumentou en Galiza un 25%. “Unha verdadeira catástrofe”, dixo ao respecto, ao tempo que sinalou que en Galiza hai 506.370 -que supón un 28,8% do número total, e das que 22,000 están ubicadas en Vigo-, mentres que en todo o estado son 3.837.328 as vivendas desocupadas, que representan un 14,4% da cifra total.  

Fronte a estes datos, as vivendas rexistradas para uso turístico pasaron das 500 no ano 2017 as 16.500 da actualidade, froito segundo considerou da especulación sen ningún tipo de control. Neste sentido considerou imprescindible a posta en marcha de medidas que regulen a apertura sen control deste tipo de establecementos.   


Inacción do PP 

A eurodeputada do Bloque defendeu a posta en marcha dunha política de vivendas públicas a prezos accesibles, “que permitiría facilitar o acceso á vivenda á xente moza ou persoas en situación de vulnerabilidade”. Neste sentido criticou a inacción do goberno galego do Partido Popular, que ao seu xuízo carece de proxecto de xestión de vivenda pública, xa entre 2014 e 2017 o goberno galego non construíu ningunha vivenda pública en alugueiro en Galiza e no 2018 só construíu unha vivenda de protección para aluguer. 

Pola contra, a eurodeputada nacionalista indicou que en Europa, a vivenda pública representa un 9,3% do total, mentres que en Galiza é menos do 1%. “Temos que garantir o dereito a vivenda digna”, recalcou, ao tempo que criticou a falta de vontade política do PP para solucionar este problema de acceso á vivenda. “É imprescindible poñer freo a esta barbarie capitalista que está roubando a posibilidade de vivir dignamente a moitas persoas, como ocorre no meu país, Galiza, pero tamén como estamos vendo estes días en Portugal”, manifestou Ana Miranda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias