El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG

Ana Miranda reclama a dimisión de Von der Layen

Por non exercer a mediación para acadar a paz en Palestina.

18-10-2023 16:03:46
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclamou hoxe no pleno da Eurocámara a dimisión da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Layen, por non exercer a mediación e a neutralidade que se corresponde polo seu cargo para acadar a paz en Palestina e ademais ser cómplice do xenocidio e limpeza étnica que Israel está levando a cabo na franxa de Gaza. “Non queremos máis mortes de ningunha nacionalidade”, recalcou.  

“Europa está en silencio hacia Gaza, preocúpase máis de izar a bandeira de Israel en Bruxelas ou de visitar a Netanyahu que de denunciar o cruel e implacable castigo sobre a poboación de Gaza, e por iso debería dimitir”, manifestou a eurodeputada nacionalista no debate que esta mañá tivo lugar no Parlamento Europeo baixo o título “Os atentados terroristas de Hamás en Israel, o dereito de Israel a defenderse de conformidade co Dereito humanitario e internacional e a situación humanitaria en Gaza”. 

Na súa intervención, Ana Miranda, -que é integrante das Delegacións de Relacións con Palestina e con Israel do Parlamento Europeo-, expresou o rexeitamento ao xenocidio e limpeza étnica que Israel está levando a cabo en Gaza así como a longa e inxusta ocupación que sufre o Pobo Palestino, denunciada e considerada ilegal en numerosas resolucións da ONU ao longo das sete décadas que dura esta ocupación. 

Segundo denunciou a eurodeputada do Bloqueo, a violencia desproporcionada de Israel hacia Palestina, “é un castigo colectivo a un Pobo que demanda a súa autodeterminación” e o “deplorable” apartheid que leva a cabo o goberno sionista e o bloqueo por terra, mar e aire “converteron Gaza na maior cárcere ao aire libre del mundo”. 


Traballar para a paz

"É necesario traballar sen descanso para alcanzar o cese da violencia en Gaza e unha solución de Paz que acabe coa ocupación”, subliñou a eurodeputada do Bloque, quen considera imprescindible o cese do fogo, abrir os corredores humanitarios e respectar inmediatamente o dereito internacional humanitario. Neste sentido, o BNG defende iniciar un proceso de negociación política con respaldo internacional para buscar unha saída pacífica e xusta a este conflito baseada no cumprimento das resolucións de Nacións Unidas ao respecto. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias