El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pedro Sánchez: "Besteiro vai ser presidente cando se convoquen eleccións en Galicia"

28-10-2023 14:47:03
Gómez Besteiro (c).

REDACCIÓN | “Estamos ante unha oportunidade histórica. E no PSdeG non só temos a posibilidade histórica de gañar, senón a responsabilidade histórica de conseguilo. Por Galicia e polas súas xentes”. Gómez Besteiro, amosouse convencido do cambio político que haberá en Galicia na súa intervención esta mañá no Comité Federal do PSOE, onde foi ratificado como candidato dos socialistas galegos a presidir a Xunta de Galicia.  

Xa no discurso de apertura do Comité, o Secretario Xeral, Pedro Sánchez, destacou que “José Ramón vai ser presidente cando se convoquen eleccións en Galicia. Ten o apoio tanto da Comisión Executiva Federal como de todo o partido para que ese cambio sexa posible.  

”Besteiro afirmou que “hoxe, o socialismo galego está forte, preparado, unido e convencido para o cambio que Galicia necesita”. Somos, dixo, “a única alternativa para liderar ese cambio seguro, crible e sustentado nun galeguismo útil que mellore a vida das nosas xentes”. 

O deputado galego sinalou que a responsabilidade que asume o PSdeG non é só con Galicia, senón tamén coa necesidade de estender as políticas progresistas e de transformación social: “Pedro, ti demostraches que España era máis. Pois imos facelo agora en Galicia. Imos darlle un goberno para que Galicia alcance a súa mellor versión”.  

Neste sentido, insistiu en que “temos un país de primeira e imos darlle un goberno de primeira, que estea a altura das nosas xentes”. Confrontou o modelo do PSdeG co do Partido Popular: “O PP de Rajoy, Feijóo e Rueda renunciou a Galicia, nun declive constante que xa dura 14 anos e no que confronta con todos, buscando un inimigo exterior que xustifique a súa incapacidade”, o que considera unha deslealdade institucional permanente. 

Pola contra, afirmou que “os socialistas esiximos a España o noso lugar pero cremos na Galicia e na España da convivencia e do diálogo”, polo que lembrou unhas palabras do alcalde de Vigo, Abel Caballlero: “Son tempos de política”.   


Besteiro, emocionado  

Por último, Besteiro lembrou emocionado “que nunca deixei de perder a confianza na política, a pesar dos sete anos da miña vida que me custou chegar aquí, anos de mentiras e estratexias xudiciais da dereita para destruírme pero hoxe é un día de ledicia”. 

O discurso do candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, que foi retransmitido en directo e en aberto, recibiu o aplauso unánime dos membros do Comité Federal, entre os que se atopaba o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, e membros da comitiva galega como José Manuel Lage, Abel Caballero, Lara Méndez, José Tomé, César Mogo, Carmela Silva, Xosé Bugallo, Pilar García Porto, Bernardo Fernández e David Regades. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias