El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

RECÍCLATE CON SOGAMA

26 Centros educativos de Primaria e Educación Especial, no programa "Recíclate con Sogama" 2024

01-11-2023 16:30:41
Recíclate con Sogama.

REDACCIÓN | Un total de 26 centros de primaria e educación especial das catro provincias galegas foron seleccionados para participar na próxima edición do programa educativo “Recíclate con Sogama” 2023-2024. Destes, 10 pertencen á provincia de Pontevedra, 5 á de Lugo, 4 á provincia da Coruña e 7 á de Ourense.  

O alcance e calidade das candidaturas presentadas por todos eles valeulles para facerse cunha praza no programa de reciclaxe escolar que Sogama lidera desde hai 13 anos na comunidade e que canaliza a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, cuxo principal obxectivo é a educación en valores. 


Operativa e recursos 

A operativa a seguir será similar á de cursos anteriores. Recíclate con Sogama dará comezo cunha visita aos colexios por parte de educadores  especializados, que manterán unha entrevista cos coordinadores do programa para extraer datos de interese de cara á organización de actividades. De forma paralela, entregaranse en cada colexio as denominadas illas de reciclaxe, conformadas cada unha por catro contedores con capacidade para 120 litros: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; marrón, e esta é a novidade da presente edición, para a materia orgánica; e xenérico, de cor verde, para a fracción resto ou non reciclable. 

A pretensión de introducir o contedor marrón débese a que, antes do 31 de decembro de 2023, os concellos, conforme a lexislación europea, están obrigados a implantar a recollida diferenciada da materia orgánica e moitos deles faranno a través deste recipiente, tendo á súa disposición unha rede pública de infraestruturas para a valorización da materia orgánica mediante a súa conversión en compost. Esta rede está conformada por 4 plantas de biorresiduos, unha por provincia (Cerceda, Cervo, Vilanova de Arousa e Verín) e 13 plantas de transferencia de apoio que disporán dunha tolva específica para o transvasamento da materia orgánica. 

En xaneiro de 2024, o alumnado adscrito a Recíclate recibirá formación presencial nos propios centros e, ao redor do mes de marzo, os monitores realizarán unha visita de seguimento para comprobar a evolución dos proxectos, resolver dúbidas e propoñer melloras. Xa en maio, terá lugar unha inspección dos contedores que integran as illas de reciclaxe, procedendo a realizar caracterizacións do seu contido e calcular así a porcentaxe de impropios (materiais que, polas súas características, non deberían depositarse nos mesmos). 

A final de curso, os centros deben elaborar unha memoria de actividades e presentala a través da aplicación informática do Plan Proxecta para que sexa avaliada conforme os criterios, xenerais e específicos, establecidos no programa Recíclate con Sogama.


Centros seleccionados 

A) Provincia de Pontevedra (10)

1.- CEIP de Lourido (Poio)  

2.- CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) 

3.- CEIP Valle Inclán (O Grove) 

4.- CEE de Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa)  

5.- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos) 

6.- CEIP de Atín-Cela (Mos)  

7.- CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo) 

8.- CEIP Illas Cíes (Vigo) 

9.- CEIP Carlos Casares (Nigrán) 

10.- CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves) 


B) Provincia de Lugo (5) 

1.- CEIP Luís Pimentel (Lugo) 

2.- CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito) 

3.- CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove) 

4.- CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz (Ribadeo) 

5.- CEIP Plurilingüe O Corgo (O Corgo... 


C) Provincia de A Coruña (4) 

1.- CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol) 

2.- CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac (Ferrol) 

3.- CEIP Plurilingüe de Andrade (Pontedeume) 

4.- CPR Plurilingüe Compañía de María (Santiago) 


D) Provincia de Ourense (7)

1.- CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro (Ourense) 

2.- CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense) 

3.- CPR Plurilingüe Divina Pastora (O Barco de Valdeorras) 

4.- CEIP Manuel Respino (A Rúa) 

5.- CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira (Riós) 

6.- CPR Plurilingüe María Inmaculada (Verín) 

7.- CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia) 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias