El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Bestero esixe saber como vai complementar a Xunta os Fondos Europeos

01-11-2023 15:23:17
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | José Ramón Gómez Besteiro, candidato dos socialistas galegos á Xunta de Galicia, denunciou hoxe en Monterroso a incompetencia de Alfonso Rueda para xestionar os millóns de euros de fondos europeos que conseguiu para as galegas e os galegos o Goberno de Pedro Sánchez: “É un dos maiores problemas para Galicia”, dixo, ao tempo que anunciou varias iniciativas por parte do PSdeG ao respecto. 

Besteiro adiantou que esixirán no Parlamento de Galicia respostas claras sobre a execución destes fondos “conseguidos polos socialistas e transferidos á Xunta”, así como a implicación desta nos proxectos industriais que son tractores. Besteiro sinalou que, a diferenza do que sucede noutras comunidades, Rueda aposta pola opacidade: “Queremos saber como vai complementar a Xunta os cartos conseguidos por Pedro Sánchez. Sabemos o diñeiro que pon o Goberno de España, pero non sabemos o que pon a Xunta para aproveitar ao máximo estes fondos”, insistiu. 

Ao respecto, lembrou que “desde a miña reunión con Alfonso Rueda, xa hai meses, non recibimos ningunha resposta sobre que está facendo a Xunta para non perder ese diñeiro e por que non se coordina cos concellos. Na Goberno do PP non hai nin transparencia nin compromiso”.  

O socialista destacou que “estamos diante dunha oportunidade única para o desenvolvemento do país porque, grazas ao Presidente Sánchez, Galicia recibiu case 3.000 millóns de euros do Plan de Recuperación e a metade, 1.421 millóns, se transferiu á Xunta. Que está a facer Rueda con eses cartos, por que non os executa, por que tanta opacidade’”.  

Besteiro afirmou que Pedro Sánchez é o presidente do goberno máis galego que tivemos nunca e Alfonso Rueda o máis incapaz, e lamentou a inseguridade que está a crear para Galicia “porque non sabe aproveitar a chuvia de millóns conseguida polos socialistas”. O deputado pediulle a Alfonso Rueda que estea á altura do seu cargo como Presidente: “Ten que asumir que a política industrial de Galicia tamén vai con el”.  

O candidato dos socialistas galegos á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visitou un ano máis a Feira de Monterroso onde destacou o protagonismo dos autónomos e empresas familiares que unen tradición, e innovación: “Son un orgullo para o noso país e un exemplo do desenvolvemento rural de Galicia grazas aos fondos europeos que conseguimos os socialistas”. 

Tamén lamentou a ausencia do presidente da Xunta no evento de referencia do rural galego: “Hoxe aquí en Monterroso debería estar a tomar nota pero non o vexo, a quen si vexo é ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé e a compañeiros alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias