El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | TURISMO

A sustentabilidade no Camiño de Santiago

Un dos obxectivos que está presente na folla de ruta do Goberno galego desde hai décadas.

14-11-2023 00:01:22
Ribeira Sacra.

REDACCIÓN | A sustentabilidade no Camiño de Santiago: un dos obxectivos na folla de ruta do Goberno galego, que se introduciu no Plan Director dos Camiños de Santiago (2015-2021) e dáselle dáselle continuidade -refórzase con 66 millóns de euros- pensando no próximo Ano Santo 2027 no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 posto en marcha pola Xunta.  


Avances 

O certo é que nos últimos anos sentáronse as bases cun traballo que incluiu importantes avances en cuestión de xestión ambiental, eficiencia enerxética ou hídrica, pero tamén desde o eido da sensibilización tanto de peregrinos como residentes. É máis, realizáronse traballos de catalogación do patrimonio natural e biodiversidade do Camiño de Santiago; a posta en marcha dun plan de residuos na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago como modelo demostrador; impulsouse a compotaxe no rural, e leváronse a cabo varias tarefas de concienciación entre os peregrinos. 

No uso eficiente da auga levou a cabo un protocolo de potabilización das fontes coa colocación de válvulas temporizadas en albergues públicos para a diminución do consumo e que se reforzarán nos vindeiros anos no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 cun orzamento superior aos 66 millones ata o ano 2027. 

Doutra banda, esta sostibilidade é clave para garantir manter os elevados niveis de aceptación dos galegos ante a actividade turística, como se vén de comprobar nas últimas sondaxes.  


Enquisa de Residentes 

E é que os últimos datos da Enquisa de Residentes que realiza de xeito anual desde 2020 a Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia para analizar a percepción dos galegos ante a actividade turística e os seus impactos, así o revelan. 

Nos últimos anos -segundo a enquisa- entre o 86% e o 90% dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación. 

Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación. Esta enquisa dirixida aos residentes na comunidade naceu como proxecto piloto no 2020 co obxectivo inicial de coñecer a intención de viaxe dos galegos en contexto de pandemia á vez que buscaba medir a súa percepción e valoración respecto da actividade turística e os seus impactos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias