El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro: "O goberno de Pedro Sánchez si-gue apostando por Galicia"

14-11-2023 14:47:50
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, destacou hoxe o investimento aprobado polo goberno de España dun total de 58 millóns de euros para as estacións intermodais de Vigo e A Coruña. 

Besteiro valorou o acordo do Consello de Ministros co cal se impulsan as actuacións para completar os proxectos das estacións intermodais de Vigo e a Coruña. En concre-to, para a cidade olívica, o executivo autoriza a actualización do convenio para comple-tar os novos accesos, conectando a estación de tren, a de autobuses e a autoestrada AP-9. 

Cun custe total de 24,5 millóns de euros, dos que o goberno de España aporta a maior parte a través do Mitma con 17,1 millóns de euros (o 70%), o concello de Vigo aporta-rá 3,7 millóns e a Xunta será a administración que menos recursos aporte con 3,6 mi-llóns. 

No caso da Coruña, o goberno de España firma un convenio co Concello da Coruña para aportar 9 millóns de euros destinados á creación dunha nova terminal de autobús na estación Intermodal. Así, o conxunto do investimento neste proxecto chegará aos 32,4 millóns  coas achegas do executivo centra, do consistorio municipal e da administración autonómica. 

Besteiro resalta que está é unha proba máis de que “o goberno socialista de Pedro Sánchez sigue apostando por Galicia” e que “cando gobernan os socialistas Galicia ga-ña”, seguindo a liña dos investimentos aprobados a pasada semana para os descontos nas peaxes da AP-9 e a AP-53. 

Puxo en valor que, con estas actuación, se estarán “integrando os autobuses urbanos e interurbanos co ferrocarril” e resultará nunha “mellora da mobilidade sostible”. O candidato á Xunta considera que estamos, “sen dúbida”, ante “un novo impulso para Galicia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias