El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda súmase á campaña #JusticeForGaza

O labor reclama investigar e xulgar a Netanyahu por xenocidio.

14-11-2023 20:27:51
Ana Miranda.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, -integrante das Delegacións de Relacións con Palestina e con Israel da Eurocámara- súmase á campaña internacional #JusticeForGaza que demanda levar á Fiscalía da Corte Penal Internacional (CPI) a diversos integrantes do goberno de Israel, comezando polo seu presidente, Benjamin Netanyahu. 

Así, esta iniciativa pide investigar e xulgar ao goberno de Israel -como o ministro de Defensa e ao ministro de Seguridade, entre outros- polos crimes e o castigo colectivo contra a poboación civil cometidos en Gaza desde o pasado 7 de outubro e se desenvolve no marco da investigación que a Corte Penal Internacional xa ten aberta contra Israel por crimes de guerra en Cisxordania e Gaza. 

“Fronte a determinadas instancias europeas, que ignoran a masacre e están tendo unha posición vergoñenta, outra xente de moitos lugares estamos facendo presión para parar esta catástrofe e para que se tomen medidas contundentes contra Israel”, salienta Ana Miranda sobre esta campaña #JusticeForGaza, que se suma as diversas iniciativas que a eurodeputada nacionalista ten desenvolvido na Eurocámara en defensa do pobo palestino.  


Apoio á UNRWA  

A eurodeputada do Bloque fai un chamamento á solidariedade coa UNRWA, a Axencia da ONU para as persoas refuxiadas en Palestina, para que poidan seguir prestando axuda aos gazatíes en condicións de seguridade. “Os nenos non son un obxectivo, as escolas non son un obxectivo, os hospitais non son un obxectivo, os traballadores humanitarios e os xornalistas non son un obxectivo”, recalca. 

Por outro lado na Eurocámara reclamou en reiteradas ocasións o cese ao fogo inmediato en Gaza e a apertura de corredores humanitarios para subministros básicos así como o estrito cumprimento das normas do dereito internacional humanitario e das resolucións da Organización de Nacións Unidas dirixidas a respectar o dereito á autodeterminación do pobo palestino . “Non podemos mirar para outro lado diante da limpeza étnica que Israel está levando a cabo en Gaza”, subliña.  

Precisamente na sesión plenaria do pasado 18 de outubro, e  pola súa inaceptable posición partidista en defensa das actuacións de Israel e non exercer a mediación e a neutralidade para acadar a paz en Palestina, Miranda pediu a dimisión da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Layen. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias