El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro: "Pídolle a Rueda que deixe de poñer paus nas rodas das cidades galega"

23-11-2023 15:31:29
José Ramón Gómez Besteiro, e Inés Rey.

REDACCIÓN | O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse hoxe dende A Coruña a traer a Galicia todo o que estea na súa man. Besteiro visitou a cidade coa alcaldesa Inés Rey para anunciar a remodelación da avenida de Alfonso Molina, que vén de adxudicar o Ministerio de Transportes por 18,3 millóns de euros, cos que o investimento do goberno de España na cidade suma 500 millóns de euros.  

Besteiro sinalou que “a historia da Coruña ten dúas velocidades, como ocorre en tódalas cidades galegas: co Partido Socialista avanza e con tódolos demais frea”, e lembrou que “todas as obras da Coruña levan o selo socialista, e iso mesmo imos facer en Galicia: poñela no lugar que merece”. Así o dixo na visita á cidade xunto con Inés Rey, a deputada Obdulia Taboadela e o tenente de alcalde e secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage.  

O candidato socialista acusou ao presidente da Xunta de poñer “paus nas rodas das cidades galegas”, e reclamoulle que deixe de dar “escusas de mal pagador”, antes de reivindicar un goberno socialista que garanta máis xestión, menos problemas co goberno de España e máis apoio aos concellos en lugar de estar pelexado con eles”. 

Puxo en valor que o goberno central ten desbloqueado o proxecto de Alfonso Molina grazas á mediación da alcaldesa da Coruña, que permitiu “sacar do caixón as débedas do PP coa Coruña e investimos 26 millóns de euros en obras que solucionan problemas reais da cidade e a súa área metropolitana”. A obra é exemplo “do que faremos os socialistas na Xunta: darlle solucións reais aos problemas dos galegos e das galegas”. 

Apuntou que esta actuación súmase ao investimento de máis de 500 millóns de euros que está a executar o goberno de España na Coruña, onde só en infraestruturas a cidade recibe en torno a 120 millóns, incluíndo a mellora de Alfonso Molina, a Ponte Pasaxe ou a cuarta ronda, co obxectivo de mellorar a mobilidade.  


Galicia moi presente 

O candidato socialista sinalou que o novo goberno de Pedro Sánchez “ten moi presente a Galicia, e unha das débedas pendentes dos gobernos do PP eran as infraestruturas ea conexión das cidades”. Subliñou que “como sempre ocorreu na historia da Coruña, somos os socialistas os que sacamos os proxectos do caixón e poñemos á cidade no lugar que lle corresponde”.  

Advertiu que “tódalas grandes obras da Coruña levan o selo socialista”, e citou a creación da Universidade, o Paseo Marítimo, a Cidade das TIC, a rexeneración da ría do Burgo ou a futura Axencia Española de Intelixencia Artificial. O mesmo sucede coa remodelación de Alfonso Molina, a principal arteria da cidade e imprescindible para unha boa comunicación coa área metropolitana. 

Explicou que se trata dun proxecto “desbloqueado polos socialistas tras anos de parálise, polo que a alcaldesa pelexou en Madrid, e que pensa non só na Coruña do presente, con 120.000 vehículos diarios nesta avenida, senón que seguirá medrando no futuro”. A obra aportará, engadiu, maior fluidez do tráfico, maior seguridade viaria, reducir a pegada de carbono e diminuír a contaminación acústica. 

As obras, que comezarán en 2024 e terán unha duración de 23 meses, contemplan novas vías de servizo laterais en ambos sentidos de circulación para reordenar os accesos e repor as dúas pasarelas peonís afectadas que cruzan a avenida. Sinalou que Transportes está a ultimar ademais o proxecto de integración ambiental e paisaxística desta avenida. 


Inés Rey 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou a discriminación da cidade por parte da Xunta e dixo que “só hai unha maneira de evitar que A Coruña siga a estar discriminada nos Orzamentos da Xunta, e ten o nome de José Ramón Gómez Besteiro”. Salientou a “fortaleza e solvencia” do candidato socialista, que “a diferenza doutros partidos está comprometido con Galicia e coa cidade da Coruña”. 

Advertiu que “quedan poucos meses” para a convocatoria electoral en Galicia, que permitirá que “decidir libremente se queremos manter un goberno que discrimine á cidade da Coruña ou apostar por outra forma de facer política apoiando ás persoas e aos territorios” da man de Gómez Besteiro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias