REDACCIÓN | O deputado socialista no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, tomou hoxe posesión do seu cargo como presidente da Comisión de Transportes nas Cortes.
Na súa comparecencia diante a Comisión insistiu na “relevancia que a mobilidade e o transporte supoñen para a igualdade de oportunidades da cidadanía e a mellora de nosa calidade de vida, garantindo cidades máis habitables, transportes máis seguros y respectuosos co medio ambiente e accesibles para todos y todas”. Subraiou que “como galego, sei o importante que é a cohesión territorial e social, para que todos os territorios teñamos as mesmas oportunidades, sen veciños de primeira ou segunda”.
No seu discurso de investidura, Besteiro, suliñou a “importancia vital” que as infraestruturas teñen “na economía, facilitando a captación de investimentos e a industrialización verde” e solicitou a colaboración de todos os membros desta Comisión para “consolidar a mobilidade como un dereito esencial das persoas que, ao tempo, facilite o acceso a outros dereitos fundamentais como o traballo, a sanidade, a educación ou o ocio”.
Besteiro ve unha oportunidade no actual contexto tecnolóxico, ambiental, social e económico en España e Europa para “avanzar cara un territorio máis cohesionado e continuar pola senda da transición ecolóxica, liderando a descarbonización con procesos e modelos respectuosos co medio ambiente. Temos que adecuar a mobilidade e infraestruturas ao novo contexto global”.
Neste sentido incidiu na necesaria colaboración dos integrantes da Comisión, lonxe de intereses partidistas, para “acadar a modernidade, sustentabilidade, integración das novas tecnoloxías e impulso del proceso de descarbonización no transporte”. O novo presidente da Comisión de Transportes do Congreso agradeceu, asemade, a confianza posta nel para liderar este órgano.
Regades, voceiro de Agricultura
Por outra banda, David Regades Fernández, deputado nacional por Pontevedra e Secretario Provincial do PSdeG-PSOE desta provincia, converteuse tamén hoxe novoceiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dito órgano ten moito peso para Galicia ao tratarse dun sector estratéxico para o noso país. Departamento de comunicación