El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro apoia aos palangreiros Da Guarda como "líderes da sustentabilidade e da boa xestión dos fondos europeos"

07-12-2023 14:05:45
Gómez Besteiro (c).

REDACCIÓN | O deputado e candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, apoia aos armadores da Organización de Palangreiros da Guarda e respalda os proxectos innovadores, que están a desenvolver grazas aos fondos europeos. “Mentres a Xunta de Galicia de Rueda é incapaz de xestionar estes fondos, tal e como denunciou o propio Consello de Contas, o sector pesqueiro é quen de facelo e, ademais, de facelo moi ben”, sinalou.  

Besteiro visitou a planta frigorífica e de procesado inaugurada polos palangreiros guardeses en 2022, que lideran hoxe en día o palangre de superficie na Unión Europea. Trátase dun edificio sostible e intelixente que conta cun departamento de I+D+i e está dotado das máis avanzadas tecnoloxías de robótica e automatización para mellorar os procesos de carga, descarga e manipulado de grandes peixes. Esta obra, que supón un paso adiante para os armadores/pescadores de Orpagu xa que lles permite o procesado e o almacenaxe dos seus produtos e os doutras flotas, contou cunha importante achega de fondos europeos -preto de sete millóns de euros- dotados polo goberno de Pedro Sánchez, o que permitiu acometer a construción. 

“Esta organización ten todo o meu respaldo. Son exemplares na execución dos fondos europeos, na creación de novos produtos para que a xente coma peixe e na investigación para evitar accidentes laborais entre a xente do mar”. De feito, interesouse polo funcionamento dos exoesqueletos que facilitan e potencian, a través de armazóns, os movementos e a forza dos traballadores que manexan exemplares de máis de 100 quilos nalgúns casos. 

Os palangreiros transmitiron ao líder socialista a súa preocupación pola baixada do consumo de peixe en España, máis dun 25% na última década, e explicáronlle a súa aposta por adaptarse aos novos formatos para que sexan máis atractivos para as novas xeracións, como hamburguesas, nuggets ou empanadillas... Asimesmo, trasladáronlle a súa inquedanza pola diferenza que existe entre o prezo que lles pagan a eles e o que terminan pagando os consumidores. 

Orpagu, cunha frota de 81 barcos -46 españois e 35 portugueses- lidera hoxe en día o palangre de superficie na Unión Europea, sendo un exemplo de sustentabilidade e coidado do mar. En 2020 a organización que preside Joaquín Cadilla levou o premio Alimentos de España, que recibiu de mans do ministro socialista Luis Planas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias