El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

SILLEDA | FUNDACIÓN SEMANA VERDE

A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords

19-12-2023 17:38:53
Imaxes de arquivo.

REDACCIÓN | A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2023 con récords tanto na súa facturación como nas transaccións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, ademais de excelentes resultados en distintos certames, segundo se puxo de manifesto hoxe na reunión do seu Padroado, que nesta ocasión foi telemática. Esta xuntanza estivo presidida pola secretaria xeral da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, e serviu tanto para facer o balance provisional deste ano como para presentar os orzamentos para 2024. 

Neste exercicio a previsión é que a Fundación acade a maior cifra de facturación da súa historia, con máis de 4,5 millóns de euros, un 51% máis do previsto para este ano, tras a celebración de 23 eventos maiores fronte aos 21 que tiveran lugar en 2022, dos cales 11 foron oposicións, ademais doutros 23 eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. 

Así mesmo, este ano acadáronse moi bos resultados en distintos eventos, como na Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia, que rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 16 anos e volveu superar os 100.000 visitantes, tal e como facía antes da pandemia do coronavirus, ou tamén nos certames ExpoBus –centrado no transporte de viaxeiros pos estrada- e Sedexpo –que aglutina os sectores de seguridade, defensa e emerxencias-. Estes últimos no só contabilizaron as súas maiores cifras de visitantes, senón que tiveron un maior carácter internacional.  

Por outra banda, vén de reafirmarse o apoio de ABANCA á Fundación tanto na súa actividade como no patrocinio dos eventos relacionados co sector agrario, tal e como se fixo patente a semana pasada na sinatura do convenio que prolonga a colaboración das dúas entidades. 

Tamén neste exercicio destacan de novo as cifras da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que, a falta de sumar a facturación da sesión de hoxe, chegaba a semana pasada aos 32.984.709 euros, o que supón que na penúltima sesión do ano superaba xa amplamente os 32.430.068 euros que acadou en total no ano 2022, e, polo tanto, que rexistre a súa cifra récord de transaccións, con máis de 33 millóns.  


Ano 2024, cunha nova cita 

A maiores, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2024, o cal  será de 3.309.590 euros, unhas contas que buscan manter a liña positiva lograda en 2023 pero que é moi prudente á espera de que se materialice a celebración de probas de acceso dos distintos departamentos da Xunta de Galicia, o cal é relevante nos presupostos da entidade feiral. 

Na actividade da Fundación do vindeiro ano destacará, ademais da celebración de feiras e eventos xa consolidados, o debut dun novo certame, a I Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal, que terá lugar no mes de abril. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias