El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso pon en valor o traballo de Teima Down Ferrol

11-01-2024 16:50:37
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado das deputadas de Política Social e Emprego, Mar García Vidal e Rosa Ana García, visitou hoxe en Ferrol as instalacións da asociación Teima Down Ferrol, coa que a Deputación mantén un convenio de colaboración para apoiar un Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego para persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual.  

Formoso indicou que “un total de 70 familias de toda a comarca de Ferrolterra dependen do traballo desta asociación para que as persoas usuarias teñan un futuro persoal e laboral, que tamén precisa da colaboración e implicación das administracións públicas”. 

A responsable da área de Emprego e Formación de Down Teima Ferrol, Marta Álvarez, incicou que “o proxecto de emprego que financia a Deputación ten como obxectivo principal a inserción laboral dos usuarios e das usuarias, que agora mesmo conta con 42 persoas, das que 9 delas xa están con contratos de traballo en empresas ordinarias”. 

“É un proxecto que comezou no ano 2002 e que cada ano require maior investimento en formación, porque é o que demandan as empresas, e as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual teñen máis complicado ese acceso á formación. Aquí é onde actuamos nós, dándolle esa oportunidade para entrar ao mercado laboral con igualdade de oportunidades” declarou a responsable. 

Álvarez quixo destacar “a colaboración da Deputación da Coruña á hora de levar a cabo este proxecto tan importante para a nós, así como tamén outras aportacións que leva feito neste tempo, como a súa colaboración á hora de realizar a adquisición das nosas instalacións”. 


Fomentar a autonomía persoal 

O obxectivo da asociación é o de fomentar a autonomía persoal das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual e facilitar a súa inserción laboral en empresas. Nos últimos 20 anos acadaron resultados como a consecución de 103 contratos, un 70 % de aprobados nas convocatorias de procesos selectivos de emprego público, e máis de 50 acompañamentos en formación da comunidade.  

Na actualidade, Teima atende ás persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Mugardos, Pontedeume, Miño, As Pontes, Cariñol Cedeira, Valdoviño e Ares. Ademais, foi unha das entidades que levaron o premio de Boas prácticas en servizos sociais por parte da Deputación da Coruña.  


Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego  

Este programa pretende crear un Plan Personalizado de Inserción (PPI) para cada unha das persoas usuarias desta asociación, incrementando as súas posibilidades de acceder ao emprego en empresas de distintos sectores. 

Para iso, as accións realizadas diferéncianse en cinco bloques diferentes, que son a valoración e orientación para o emprego, a formación, a prospección, a inserción e as actuacións transversais. 

Todas estas accións van encamiñadas a acadar a mellor forma de orientar e preparar aos usuarios e usuarias para obter un futuro laboral nunha empresa ordinaria. A día de hoxe 9 persoas usuarias atópanse en situación de emprego activo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias