El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

EURODEPUTADOS

Eurodeputados de cinco grupos parlamentares solidarízanse con Galicia a proposta de Ana Miranda

16-01-2024 17:09:27
Ana Miranda, eurodeputada do BNG (c).

REDACCIÓN | Convocados pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, un nutrido grupo de eurodeputados e eurodeputadas pertencentes a cinco grupos parlamentares da Eurocámara expresaron a súa solidariedade con Galiza e denunciaron a contaminación das costas provocada polo verquido de pelets ocorrido o pasado 8 de decembro. “Agradecemos a todos os eurodeputados a súa mostra de solidariedade con Galiza, que non está soa”, destacou Miranda.  

Neste sentido, salienta especialmente a participación na convocatoria do relator do informe de microplásticos, Joao Albuquerque, así como Catherine Chabaud e Ska Keler, de tres grupos parlamentares distintos. Segundo explica a eurodeputada nacionalista, a alta preocupación existente en Europa sobre este verquido fixo posible que fose aceptada a proposta do BNG de incluír esta cuestión na orde do día da sesión plenaria para o vindeiro xoves, 18 de xaneiro.  

Por outro lado, na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, Ana Miranda presentou as emendas do Bloque relativas ao informe de microplásticos. “Pedimos a inclusión do transporte marítimo no aumento dos controis no transporte de pélets para evitar perdas accidentais, xa que o transporte marítimo é unha forma importante e transporte de pelets de plástico”, sinala a eurodeputada do Bloque, quen apunta que as emendas presentadas recollen, entre outras, as propostas trasladadas pola asociación ecoloxista ADEGA.   


Mellorar a seguridade  

“En 2023, o Subcomité de Prevención e Resposta á Contaminación do Comité de Protección do Medio Mariño da OMI acordou prohibir o transporte de pelets de plástico a granel á luz de accidentes graves anteriores. Por tanto, procede aplicar dita prohibición ao transporte marítimo dentro, hacia e desde a Unión”, sinala unha das emendas presentadas polo BNG, que considera que a recente perda dun único contendor que contiña pelets de plástico fronte ás costas portuguesas provocou unha importante crise ecolóxica na costa galega.  

“Por tanto, as perdas causadas por buques marítimos deberían incluírse no  ámbito de aplicación do Regulamento”, indica outra das emendas, entendendo que a suxeición dos contendores debe garantir a súa seguridade no transporte. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias