El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

POLÍTICA | EURODEPUTADOS

Setenta eurodeputados asinan a carta de denuncia da contaminación da costa galega por pelets impulsada por Ana Miranda

25-01-2024 17:11:17
Eurodeputados.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, remitiu unha carta á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, a presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e o presidente do Consello Europea, Charles Michel, denunciando a contaminación da costa galega causada polo vertido de millóns pelets procedentes do portacontedores Toconao.  

En total, 70 eurodeputadas e eurodeputados asinaron a misiva pertencentes a cinco grupos políticos da Eurocámara diferentes e procedentes de 24 nacións e Estados Membros europeos. O documento, ademais de denunciar a contaminación causada polos microplásticos tamén cuestiona a xestión realizada polo goberno galego do Partido Popular. 

Neste sentido, Ana Miranda sinala que a pesar de que o buque Toconao comezou a perder os pelets o 8 de decembre e comezaron a aparecer o 13 de decembro nas praias de Ribeira, non foi até o 4 de xaneiro cando o Goberno galego se puxo en contacto cos concellos para dicirlles que era a súa responsabilidade facerse cargo da limpeza das praias.  

A carta destaca, por outro lado, que a costa galega é extremadamente vulnerable, como se puido comprobar tras a catástrofe do Prestige, que serviu para aprobar o paquete de seguridade marítima, que precisamente na actualidade se está negociando a súa modificación.   


Propostas  

No documento, os deputados e deputadas do Parlamento Europeo reclaman a posta en marcha dun plan efectivo contra a contaminación que inclúa a consideración dos pelets como substancias contaminantes e tomar medidas estritas respecto ao control na súa manipulación, tratamento e envasado.  

Ademais, a carta defende que no marco do convenio MARPOL 73/78 de la Organización Marítima Internacional se introduza unha modificación para asignar aos precursores plásticos en forma de pelet, escama ou pó a categoría de mercadorías perigosas. Finalmente, os eurodeputados instan a considerar o Corredor de Fisterra como zona altamente sensible por parte da OMI. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias