El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

NORTE CINEMA DIVERSO

A proposta mais internacional do Norte Cinema Diverso na segunda xornada do festival coruñés

29-02-2024 17:45:18
Homofobia de estado.

REDACCIÓN | Un grupo de persoas refuxiadas, dous activistas ecuatoguineanos, unha rapaza trans española e un mozo gay brasileiro son os protagonistas das pezas que se proxectan na segunda xornada do festival de cine LGTBIQ+. Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, celébrase no Teatro Colón ata este sábado.  

A sesión das 19,00 horas deste venres ábrese con Espejismos, unha curtametraxe española que recolle as testemuñas de persoas refuxiadas que falan da súa vulnerabilidade e dos seu proxectos sen cumprir. 

Seguidamente, é a quenda de Homofobia de Estado, do director cántabro Richard Zubelzu. Este documental testemuña a persecución que sofren as mulleres e as persoas LGTBIQ+ en Guinea Ecuatorial, onde segue en vigor a lei franquista de vagos e maleantes. “O que máis me impactou, ademais de que teñan leis franquistas, son as terapias de conversión: exorcismos, rituais en que se mesturan as etnias africanas e a relixión… Alí os pais teñen dereito a denunciar os seus fillos á policía para que lles peguen, sen miramento. O castigo infínxeo a policía por orde da propia familia”, conta o director do documental que, xunto á guionista, Magda Calabrese, estarán no Colón este venres e mañá. 

17 minutos con Nora, nominada aos Goya deste ano na categoría de mellor curtametraxe de ficción, inaugura a sesión das 21,00 horas, un plano secuencia de 17 minutos que denuncia o acoso ao que é diferente.  

Completará a xornada a longametraxe luso-brasileira, Pedágio, unha cinta que chega á Coruña tras pasar polos festivais de San Sebastián, Estocolmo e Río de Janeiro, entre outros. Segundo a súa directora, Carolina Markowick, é “a historia do desentendemento entre unha nai e o seu fillo, unha sátira que pon en evidencia a realidade do colectivo no Brasil e os impresentables políticos do país”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias