El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG reivindica, co gallo do 8M, a importancia do investimento para acadar a igualdade real e efectiva na sociedade galega

A través dunha moción que se presentará nos concellos, o PPdeG quere seguir impulsando medidas para promover a igualdade de xénero.

01-03-2024 11:53:39
Alfonso Rueda (c).

REDACCIÓN | O Partido Popular de Galicia presentará nos plenos dos concellos unha moción con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, destacando a importancia crucial do investimento como medio para lograr unha igualdade real e efectiva na sociedade galega.  

Desde xeito, os grupos municipais populares galegos únense con firmeza ás reivindicacións e celebracións deste día para subliñar con contundencia a importancia de investir na consecución da igualdade.  

Esta iniciativa enmárcase na conmemoración do 8M por parte das Nacións Unidas en 2024, baixo o lema Investir nas mulleres, acelerar o progreso, un chamado á acción conxunta en cinco áreas fundamentais: erradicar a pobreza e a desigualdade, implementar un financiamento transformador, avanzar cara un desenvolvemento sostible e unha sociedade do coidado, e apoiar os feminismos e movementos que impulsan o cambio.  

Por este motivo, dende o PPdeG reiteramos o noso compromiso de seguir construíndo unha sociedade galega máis xusta e equitativa para todas e todos. Por iso, é sumamente crucial investir e mobilizar recursos para combater a violencia de xénero e crear sociedades inclusivas, protexendo os dereitos das mulleres en diversos eidos, incluíndo o rural ou o marítimo pesqueiro. 

Un exemplo destacado é a recente aprobación da nova Lei de Igualdade de Galicia, impulsada polo PPdeG. Esta medida, pola que Galicia volve ser pioneira, reforza o marco legal para eliminar a discriminación e outorga efectividade ao dereito constitucional en igualdade de xénero nas competencias autonómicas.  

Por todo o exposto, os grupos municipais populares instan aos plenos municipais a adoptar medidas concretas a nivel local, e a solicitalas a nivel autonómico e estatal, para promover a igualdade de xénero.  

Entre as medidas destinadas a concellos, inclúense o fomento de plans de conciliación, modelos alternativos de coidados ou a empregabilidade das mulleres no tecido económico local. Ademais, búscase aumentar a colaboración con asociacións de mulleres, así como promover a adhesión de locais de lecer nocturno ao Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas.  

Nas dirixidas á Xunta de Galicia atopamos o impulso ao emprendemento feminino, o fomento de presenza de mulleres en sectores altamente masculinizados e a colaboración na promoción de referentes galegas e actividades de sensibilización. Inclúese tamén a formación en centros de información á muller, oficinas de emprego e centros educativos para promover eleccións vocacionais libres de prexuízos de xénero. No ámbito autonómico, tamén se instará a fomentar a corresponsabilidade e a conciliación, así como a integración da igualdade en políticas administrativas. 

A nivel nacional, solicítase aumentar os fondos do Plan Corresponsables para adaptar as accións ás necesidades sociais e unificar recursos para prever e loitar contra a violencia de xénero, asegurando unha distribución equitativa.PPdeG, 


Defensor e impulsor da igualdade en Galicia 

Esta moción reafirma o compromiso do PPdeG, liderado por Alfonso Rueda, coa igualdade de mulleres e homes, impulsando significativos avances a través dun marco lexislativo sólido e promovendo políticas, iniciativas e investimentos destinados a alcanzar unha sociedade igualitaria, cun orzamento que se duplicou, pasando de 12,2 aos 27 millóns de euros entre 2009 e 2024. De feito, este compromiso xa se reflectiu no último programa electoral, que incorpora numerosas iniciativas en materia de igualdade, demostrando o compromiso inquebrantable do partido coa igualdade de xénero e a súa determinación de seguir traballando por un futuro máis xusto e equitativo para todas e todos os galegos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias